Dez plans para esta fin de semana en Vigo
Actividades de lecer destacadas para a fin de semana do 26, 27 e 28 da maio en Vigo. Aquí podes ver a axenda completa de eventos para estes días.
Concerto da Orquestra 430 – Venres ás 20h no Auditorio do Concello.
A orquestra viguesa interpretará tres partituras de música clásica nun concerto dirixido por Vicent Alberola e con Iria Folgado como oboísta solista. Os asistentes poderán desfrutar de Concerto para oboe, de Johann Strauss; Sinfonía nº 9, de Dmitri Shostakóvich e a estrea de Quaderno di state, de Juan Eiras, compositor galego actual. As entradas están á venda en Entradium por 13 €.
Concerto de !!! (chk chk chk) – Venres ás 21h no Mar de Vigo
Baixo ese singular nome opera unha banda dance-punk estadounidense que leva animando as pistas de baile desde 1996. O seu lema é reinventarse sempre e facernos tolear un pouco ofrecendo sempre algo novo. “Evolucionar cara a algo máis estraño e raro”, en palabras do seu líder. É a segunda banda en actuar no Festival Terraceo este ano e sen dúbida a proposta máis bailable e orixinal do cartel. Se queres botar uns bailes coa posta de sol sobre a ría como pano de fondo, podes comprar unha entrada por 33 € aquí.
12 horas de música no VI Aniversario da Sala Rebullón – Sábado de 12 a 24h
Familia Caamagno, Zea Mays, Storrentos, DJ Enxebre, Fillas de Cassandra, Filloas e a banda de gaitas Airiños do Castelo porán a banda sonora nesta xornada festiva e de reflexión. Haberá posto de bebidas a prezos populares e postos de comida. As entradas poden adquirirse en Vivetix por 15 €.
Baile e reflexión nas conversas swingueras – Sábado ás 16h en A Morada
Baixo o título Todos os corpos son corpos de baile, Alba Cobos e Elena Branco falarán de corpos non normativos e baile. Alba Cobos é lindy hopper, activista contra a gordofobia, creadora de contido en Outro Conto e directora do festival Y se a(r)mó la gorda. Elena Branco é cofundadora de de Swing On,DJ e promotora de eventos. A entrada é libre e de balde.
O 66º Concierto de Primavera actuación da Coral Casablanca xunto coa Orquestra de Vigo. O concerto leva o subtítulo de Memorial Camilo Veiga, pois celébrase na memoria do filántropo vigués que fundou e presidiu a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. Entradas a 8€ en Ataquilla.
Último duelo Salvaxesons – Sábado ás 21h en Cañaveral
O festival The Wild Fest celebra o último duelo do concurso de bandas Salvaxesons. As bandas locais The Mirror e Mad Mission competirán por chegar á final do concurso e será o público asistente o que decida a súa favorita. A entrada a este dobre concerto é libre e gratuíta.
Concerto de Jethro Tull – Sábado ás 20h no Auditorio Mar de Vigo.
Con máis de 30 álbumes ás súas costas, Jethro Tull continúa viaxando por todo o mundo para deleite dos seus seguidores. Tras 50 anos, os contundentes directos da banda destacan pola súa posta en escena, que inclúe unha gran pantalla de vídeo que exerce de fío condutor do concerto. As entradas teñen un prezo de 38€ anticipadas.
Concerto de Bone Dies e Serpe – Sábado ás 21h na Salason
O potente trío de rock madrileño Bone Dies estará este sábado na Salason de Cangas. A súa música pode soar a garaxe e a bailoteo con riffs stoner e actitude punk. Estará compañados dos vigueses Serpe, banda experta en “crear atmósferas e pasalo ben”. As entradas están á venda desde 8€ aquí.
Concerto de Ariel Rot – Sábado ás 22h na Sala Rouge
O exintegrante de Tequila e Los Rodríguez celebra o aniversario do seu primeiro disco en solitario, Hablando solo, cunha nova xira na que reúne á banda orixinal que o acompañou en 1998. As entradas están á venda na web da sala por 25 €.
Concerto de Eladio y los seres queridos – Sábado ás 23h na Sala Reverb
Eladio y los seres queridos cumplen 18 anos como banda e celébrano cun concerto na Sala Reverb no marco do ciclo de concertos en salas impulsado por Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros únicos ao redor do directo. Entradas á venda desde 10€ aquí.