VIALIA
bannerPicnicSesions

VI Aniversario da sala Rebullón

27mai12:0023:59VI Aniversario da sala RebullónFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 15,00€12:00 - 23:59(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Este sábado, a partir das 12 da mañá, e ata ás 12 da noite, a Sala Rebullón de Mos festexará o seu VI aniversario cunha xornada chea de música e diversión.

Familia Caamagno, Zea Mays, Storrentos, DJ Enxebre, Fillas de Cassandra, Filloas e a banda de gaitas Airiños do Castelo porán a banda sonora nesta xornada festiva e de reflexión. Haberá posto de bebidas a prezos populares e postos de comida, ademais dun porco ao espeto.

Familia Caamagno é unha das bandas de rock máis importantes de Galicia grazas aos seus directos cheos de enerxía e letras mordaces.

Zea Mays é un grupo de rock bilbaíno formado en 1997.

Storrentos é unha banda de rock taberneiro procedente de Coruxo.

Filloas fai música urbana en galego, ‘O segundo disco’ é o nome do seu primeiro LP que sairá próximamente.

Fillas de Cassandra é o dúo revelación deste ano en Galicia, onde non paran de colleitar éxitos nos últimos meses. Unha mestura de tradición e modernidade que paga a pena ver en directo.

Xa están as entradas á venda ná web Vivetix.com cún prezo de 15,00 € anticipada e de 20,00 € na billeteira.

A Sala Rebullón é un espazo de expresión artística, deseñada para poder ofertar un amplo abano de actividades culturais: música, teatro, danza e audiovisuais. Nesta primeira etapa, dende a posta en marcha no 17 de maio do 2017, trazaron como un dos obxetivos principais estar na práctica e no ruxe ruxe da cartografía musical galega.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00 - 23:59(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events