Bone Dies + Serpe

27mai21:00Bone Dies + SerpeCONCERTO | Desde 8,00€21:00(GMT+02:00) Salason (Cangas)

Detalles do eventos

Bone Dies presenta en directo o seu novo disco “Lo que dejaremos” acompañados por Serpe, unha proposta de música alternativa que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio na Sala Son en Cangas.

Bone Dies é un trío potente e irresistible de rock alternativo procedente de Madrid cun espírito novo e atrevido que xoga con sons crus e melodías pegadizas, letras en castelán e teñen moito descaro á hora de subirse a un escenario. A súa música pode soar a garaxe, a bailoteo e a ritmos cardíacos envoltos en tinguiduras de stoner con actitude punk.

Tras varios anos de percorrido pola súa cidade natal cos seus anteriores traballos de estudo tocaron por varias salas do circuíto local e chegaron a actuar en grandes escenarios, participando nas festas locais da comunidade de Madrid e abrindo para bandas como La La Love You.

Coa súa nova referencia “Lo que dejaremos” presentan un son sólido con temas potentes cheos de enerxía e electricidade, un disco conceptual con letras enfocadas no contexto social que vivimos actualmente.

Serpe é unha nova banda formada en Vigo en 2022 no seo do panorama musical local, que mestura rock e post-rock, con toques post-hardcore presididos por atmosferas escuras, configurando un universo alternativo que alcanza unha sonoridade fresca e enérxica.

As súas letras plasman sensacións vitais e experiencias que poñen de manifesto o existencialismo que rodea os seus encontros.

Entradas

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Salason (Cangas)

Rúa Lirio, 30, 36940 Cangas, Pontevedra

Other Events