VIALIA
bannerPicnicSesions

Dez plans para esta fin de semana en Vigo

Actividades de lecer destacadas para a fin de semana do 19, 20 e 21 da maio en Vigo. Aquí podes ver a axenda completa de eventos para estes días.

Travis Birds

Festival de Cans – Xoves, venres e sábado en Cans (Porriño)

O festival de cinema coñecido pola posta en valor do agroglamour proxecta máis dun cento de curtametraxes e longas durante toda a semana. Algunhas das actividades máis destacadas serán os coloquios cos protagonistas de Matria e Honeymoon, a conversa entre Morris e Antón Reixa e os concertos de Fillas de Cassandra e EladioSantos con Tony Lomba. Aquí podes ver o programa completo e neste artigo recompilamos as 10 actividades imprescindibles do festival.

Ruta: as casas viguesas de Fernández del Riego – Sábado ás 11h na Alameda

Este sábado sacamos a revista de maio a pasear. A Movida organiza unha ruta gratuíta para celebrar as Letras Galegas. O historiador e colaborador deste medio, Xurxo Martínez González guiaranos nun percorrido polo centro de Vigo no que visitaremos as casas viguesas de Francisco Fernández del Riego. O punto de encontro é na estatua de Méndez Núñez (ver en Google maps).

Cruz de navajas – Venres, sábado e domingo en varios horarios, no Auditorio Mar de Vigo

Chega a Vigo o musical que rende homenaxe a Mecano, banda pioneira do techno-pop español. As cancións de Ana Torroja e or Irmáns Cano contarán cunha novidosa posta en escena na que o audiovisual e a tecnoloxía xogan un papel importante. Máis de 30 artistas sobre o escenario, entre cantantes, músicos e bailaríns. Farán catro pases durante a fin de semana e as entradas teñen un prezo de entre 35 e 55 €.

Sinsal Primavera – Venres e sábado, en varios horarios, no MARCO e a Sala Radar

O festival Sinsal Primavera celebrarase esta fin de semana no MARCO e na Sala Radar. O evento contará este ano cunha programación conformada por cinco proxectos musicais de vangarda liderados por mulleres  chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía: Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus, Ivankovà e Ana Lúa Caiano. As entradas custan 8 e 15 €, dependendo do concerto.

Mercado Anime – Sábado de 10:30 ata as 20:40 h, no Centro Comercial Camelias

Unha ducia de artistas locais especializadas nas artes xaponesas danse cita este sábado no Centro comercial Camelias. Ademais de mercado habera un obradoiro de maquillaxe e outro de debuxo manga. Todas as actividades son de balde.

Teatro Gorrilla – Sábado de 19h a 23h en varios locais de Irmandiños.

Teatro Gorrilla é unha iniciativa que saca o teatro e as artes escénicas dos escenarios para atopar novos públicos nos bares de Churruca. Esta fin de semana haberá tres actuacións: Cómo alabar en voz alta, da bailarina Eva Comesaña, na Cantina Candela ás 19h; A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas, performance de María de las Llanderas na Casa de Arriba ás 20h; La Cura, dúo de danza de Clara Ferrao e Carlos Salomón, na Sala Kominsky ás 21h e No clareo, de Meiga-i, no Tinta Negra ás 22h. O festival funciona con sistema de taquilla inversa, é dicir, pasando a gorra despois de cada actuación. A aportación recomendada é de, como mínimo, 3 € por función.

Andrés Suárez – Sábado ás 20h no Teatro Afundación

o cantautor ferrolán para en Vigo na xira de presentación do seu noveno disco, Viaxe de vida e volta, o máis positivo e luminoso da súa carreira. Xunto a toda a súa banda, presentará o seu novo show onde tamén tocará as súas cancións máis icónicas. As entradas están á venda entre 25 e 80€.

A illa da deslembranza – Sábado e domingo ás 18h na Sala Ártika

Peza de teatro da compañía Ártika pensada para público familiar que fala do Alzheimer desde o punto de vista dunha nena que ve como a memoria da súa avoa vai e volve como as ondas do mar. As entradas anticipadas cómpranse na web do teatro por 8€.

Mercado reciclado – Sábado de 12 a 21h en Simia Coworking

Setima edición do mercado de arte, cultura e sostenibilidade . O evento é de entrada libre e inclúe sesión vermú, mercado de proxectos artísticos de autoxestión e de segunda man, música en directo e comida vegana. Admais haberá un obradoiro de Upcycling no que os asistententes poderán pintar unha peza de roupa.

REVISTA ABRIL

Travis Birds – Domingo ás 21:30h na Fábrica de Chocolate

Cantautora española que mestura música de raíz española con soul. Durante o concerto presentará algúns dos singles que formarán parte do seu vindeiro traballo e repasará cancións do seu anterior álbum La Costa de los Mosquitos. Entradas anticipadas á venda por 20€.

CONSULTA A AXENDA MÁIS COMPLETA DE VIGO