Rels B entra no cartel do Marisquiño xunto a Les Castizos e Zetazen
A música tamén é parte fundamental deste festival e pese a variacións ya sabemos todos os concertos que terán lugar entre o 10 e o 12 de agosto durante O Marisquiño, o festival de deporte e cultura urbana referencia en España. Entre os moitos nomes destacan os de Zetazen, Les Castizos, Agoraphobia e Rels B, que substitúe a Yung Beef trala súa polémica no Atlantic Fest.
Xa coñecemos o cartel definitivo do Marisquiño tras a cancelación do concerto de Yung Beef, debido á agresión cometida contra un fan no Atlantic Fest a pasada fin de semana. No seu lugar entrará Rels B, cantante e productor mallorquín de gran éxito tanto en España como en Latinoamérica, considerado como un dos referentes da música urbana española. Máis de 20 artistas poñerán a banda sonora do festival repartidos en 4 escenarios: o Super Bock, o Sunset by Jägermusic, o Skateboard e o Dub Corner.
O comezo de festa tivo que ser modificado pola baixa de MC Buseta e Bea Pelea que decidiron non asistir ao fetival en solidariedade co seu compañeiro Yung Beef. Será o rapeiro One Path o encagado de inaugurar a programación musical o venres 11 ás 20:00 no Escenario Sunset, e lle seguirán nesa mesma localización Estaban & Manuel e Ylia. No escenario principal bailaremos ao son de La Cloaka Sound & JCA, Zetazen e Les Castizos, que volven outro ano máis ao festival, mentres que no Skateboards estará DJ Juan, o Dj residente da mítica sala La Iguana.
O sábado continúa a marcha coas madrileñas Lizzies, We Ride, de novo no Marisquiño, as galegas Agoraphobia e Muerta Sánchez no escenario Super Bock, The Morgans e Tere Tropical no Sunset e o dúo de novos Dj’s Electric Feels e Irreversible DJ no Skateboard.
Para rematar, o domingo é o turno de Cruz Cafuné, o recén incorporado Rels B e fin de festa con Overdose Dj’s, a cargo do músico Kaixo, no escenario principal, mentres que Babykatze, D’Valentina e Pálida actuarán no Sunset e Professor Caverno no Skate. Durante os tres días, o Dub Corner será a partir das 21:30 un espazo para a música xamaicana, con ska, rocksteady, reggae, roots e dancehall para bailar toda a noite.
Podedes atopar toda a info sobre os horarios no noso Especial Marisquiño e na web do festival, ademais de toda a programación deportiva e de ocio que teñen preparada para un dos eventos máis importantes do ano na nosa cidade.