VIALIA
REVISTA MARZO

O Marisquiño XVIII contará con 3 disciplinas olímpicas

Como cada ano, volve O Marisquiño, o festival urbano por excelencia, que este ano terá lugar entre o 10 e o 12 de agosto. Como novidade principal, ademais dunha potente oferta musical, está a incorporación do basket 3×3.

Basket 3×3, nova incorporación para O Marisquiño XVIII

Aínda que parecía difícil, xa que é o evento de cultura urbana máis importante do país, O Marisquiño non deixa de medrar ano tras ano. Nesta edición, na que cumpre a maioría de idade, incorpora o basket 3×3 a través do Circuito
World Tour de Basket 3×3 Satellite da FIBA, disciplina que será olímpica por primeira vez nos Xogos de Tokio 2020. Desta forma, O Marisquiño contará con tres deportes olímpicos: basket 3×3, skate e BMX.

Estas dúas últimas disciplinas, como é habitual, serán as principais do festival, pero haberá outras probas deportivas como dirt jump, motocross ou descenso en bicicleta polo Casco Vello. Ademais de deportes, no recinto do Náutico tamén atoparemos outros espectáculos como baile, graffiti e moita música

Banner A Movidiña

Seguindo a tradición de edicións anteriores, o Festival mesturará competición e exhibición nas diferentes disciplinas deportivas. Por exemplo, no xa mencionado Basket 3×3, un total de 16 equipos competirán para conseguir un lugar na proba Challenger de Berlín en setembro.

No skate a principal novidade será o cambio de diseño da pista, inspirada no mítico parque de Getxo La Kantera, onde terá lugar a World Cup Skateboarding. A pista de BMX será similar á do ano pasado, tras obter a aceptación por parte dos deportistas da edición pasada.

Tres días cargados de skate, BMX, basket, break dance, motocross, graffiti e música no maior festival de cultura urbana de España, e todo de balde. Volve O Marisquiño, umha das datas que compre anotar no calendario cada ano.