Warner Bros dá un toque de atención ao restaurante Puro Delirio, que responde con creatividade
O local do Casco Vello especializado en ceas temáticas e xogos de escapismo, Puro Delirio, recibiu esta semana un Burofax de Warner Bros pedindo que retirasen toda referencia a Howarts e ao universo máxico de Harry Potter que puidese haber no local.
Detrás de Puro Delirio están Carlos e Paula Puga que cada mes transforman o seu restaurante nun novo escenario sobre o que organizan unha serie de eventos ao logo de todo o mes. Puro Delirio ten sido desde un ceminterio ata un hospital pisquiátrico e recentemente foi convertido nunha escola de maxia. Pero, tal como explican nun comunicado publicado nas súas redes sociais: “nos últimos días, recibimos un burofax máxico (ben, no tan máxico, pero si moi formal) en nome de Warner Bros Entertainment, instándonos a deixar de usar elementos que, segundo parece, lles facían crer que o noso humilde local semellábase a certo castelo moi famoso”.
Ante as adversidades e para evitar calquera malentendido desde o restaurante vigués responden tirando de creatividade e lanzan Puro Delirium, un universo propio, único e delirante, onde a maxia seguirá viva, reinventada co seu toque persoal. O que resta de mes e durante decembro teñen planificado un intenso calendario no que ofrecen xogos de escapismo, trivial sobre o universo máxico, o gran torneo das irmandades do delirio e ceas co epestáculo ‘Noite de nacrófagos’. Os horarios están dispoñibles na súa conta de Instagram. O delirio e a maxia están asegurados!