CAMELIAS MASCOTAS

Visitas guiadas, concertos e decenas de actividades na Noite Branca

Este sábado 11 de agosto poderemos pasar, como dicía o filme, unha noite no museo, xa que arranca unha nova edición da Noite Branca, na que poderemos visitar os distintos museos en horario nocturno e aproveitar as visitas guiadas, obradoiros e concertos que neles atoparemos.

Dez museos abrirán as súas portas nun horario especial | T.Novoa

Chega outro ano máis a Noite Branca, nesta edición con medio centenar de actividades programadas entre as 20:00 e as 2:00 da maña do domingo. Estas actividades serán visitas, tanto guiadas como lúdicas, obradoiros e concertos nos diferentes museos repartidos ao longo da cidade.

REVISTA NOVEMBRO

Os museos que albergarán estas actividades serán o Quiñones de León, a Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”, a Casa das Artes, o MARCO, a Casa Galega da Cultura, a Sede Afundación Vigo, O Castro, o Museo do Mar de Galicia o Verbum e o Centro de Interpretación do Mundo Romano, en Toralla. Un total de 10 museos situados en diferentes zonas de Vigo para formar o abano cultural desta noite branca.

Os concertos, un total de 11, correrán a cargo da Orquestra Vigo 430, Gabriel Gasio, DAGDA, Red Vita, Katerina Linke, Proxecto Vermeer, Nastasia Sürcher, Cherry Sweet Band, Marlene Rodrigues & Nuno Fernandes e Aldaolado. Ademais, haberá outros espectáculos artísticos como poesía, graffiti, danza, DJ’s, pintura mural, break dance, etc.

Unha noite única e especial que cada ano enche, aínda máis, de vida e arte os museos vigueses. Moitas actividades á vez en distintos lugares, algunhas delas con necesidade de inscripción previa, polo que se estás interesado/a podes coñecer máis info sobre os horarios, actividades e inscripcións pinchando aquí.

(GMT+01:00)