CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Obradoiros, visitas guiadas e música nos museos na Noite Branca

Este venres celébrase a Noite Branca, un proxecto divulgativo e cultural no que os museos da cidade acollen diferentes actividades artísticas e abren ata ben entrada a noite. A programación inclúe concertos, visitas guiadas e obradoiros de fotografía, creación sonora ou de theremín.

CAMELIAS NADAL
Pablo Lesuit durante un concerto en 2018 | P. Vázquez

Nesta edición da Noite Branca, que se celebrará este venres 5 de agosto, os museos e centros culturais da cidade abren as súas portas para darlles a oportunidade de saborear a cultura dunha forma moi especial. A Rede Museística e Expositiva de Vigo ofrece de novo toda unha serie de actividades, exposicións, visitas guiadas, concertos, talleres, etc. que lles permitirán redescubrir o rico patrimonio da nosa cidade. Os espazos son os seguintes: Pazo Museo Quiñones de León, Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Verbum, Xacemento Arqueolóxico de Toralla, Villa Solita, Marco, Museo Liste, Museo do Mar e Sede Afundación.

No apartado musical haberá tres concertos divididos en dous espazos. O grupo Marés Sonoras actuará no atrio de pedra do xardín dianteiro do pazo Quiñones de León ás 21:00 e, na azotea do museo Verbum, farán o propio Pablo Lesuit e Skarajazz a partir das 22:00. Ambos espectáculos serán de balde con entrada libre ata completar aforo.

Ademais destes concertos, o Verbum é o espazo que máis actividades acolle, pois a maiores da súa exposición permanente, poderemos asistir a partir das 20:00 a un taller de theremin impartido por Paulo Pascual; outro de escoita activa e creación sonora por Acacia Ojea; un obradoiro de animalizar roupa por Federico Fernández e outro de fotografía xornalística por Sonia Daponte.

Podes consultar aquí toda a programación