VIALIA
REVISTA MARZO

Arte, música, visitas guiadas e obradoiros na Noite Branca

Nesta sétima edición da Noite Branca os museos e centros culturais da cidade abren as súas portas para darlles a oportunidade de saborear a cultura dunha forma moi especial. A Rede Museística e Expositiva de Vigo ofrece a noite do venres 9 de agosto toda unha manchea de actividades, exposicións, visitas guiadas, concertos, talleres, etc. que lles permitirán redescubrir o rico patrimonio da nosa cidade.

Esta iniciativa cultural mantense fiel á súa filosofía de gratuidade, sustentabilidade e participación e convida ao público de todas as idades a saír á rúa e vivir unha experiencia moi enriquecedora. Cada cal elixirá o seu espazo porque as propostas son moitas e moi variadas: a Casa das Artes, os xacementos arqueolóxicos do Castro e de Toralla, o Museo “Quiñones de León”, os xardíns históricos de Castrelos, o Museo do Mar e Salinae, Afundación ou o Verbum. Ademáis, haberá actuacións musicais ao aire libre na rúa do Príncipe, arredor do Marco, e na praza da Princesa. Unha comuñón perfecta entre a arte e o espazo.

En total serán máis de 40 visitas guiadas convencionais, lúdicas, con representacións, obradoiros; unha ducia de concertos musicais; 12 puntos de actividade, con ampliación de aperturas, exposicións permanentes e exposicións temporais. A Noite Branca dividirase en tres zonas xeográficas: Freixeiro-Castrelos, Centro cidade e Alcabre-Samil-Toralla.

Compre reserva previa para as seguintes visitas guiadas e lúdicas: no Museo Quiñones de León, nos xacementos arqueolóxicos do Castro, no acuario do Museo do Mar e en Salinae-centro arqueolóxico do Areal. As reservas realizaranse entre o 5 e 8 de agosto, de 08:00 a 20:00 h no 010 (desde Vigo) e 986 810 260 para os de fóra de Vigo e dende móbiles. Máximo de 4 persoas en cada petición.

A continuación a programación íntegra:

Apertura continuada ata as 02:00 h.

Banner A Movidiña
  • CASA DAS ARTES: exposicións temporais “Imaxinario Total” na planta baixa. Concerto de Mundo Prestigio.
  • COLECCIÓN LUIS TORRAS e COLECCIÓN LAXEIRO PINACOTECA “Francisco Fernández del Riego”: exposicións “A nova colección Colmeiro” e “Catálogo 1937. A colección de arte rexional na creación do Museo Municipal de Vigo”. Concerto de Darío Rocha.
  • CASA GALEGA DA CULTURA. Exposición “Colección de arte galega Francisco Fernández del Riego” (exposición permanente), visita guiada. Concerto na proximidade (Patricia Moon).
  • MUSEO QUIÑONES DE LEÓN: sala arqueoloxía “Arqueoloxía en familia”, Pazo-Museo, visitas guiadas. Concerto “A música medieval na pintura”.
  • XARDÍNS HISTÓRICOS PAZO MUSEO QUIÑONES: visitas guiadas e concerto Orquestra Clásica de Vigo (aprazado para o domingo 11 ás 21.00 por mor da chuvia) .
  • VERBUM: Casa das Palabras: Visitas á exposición permanente. “Verbum creativo. Laboratorio artístico”, espazo de sensibilización, experimentación e creación. Concerto na terraza (Two in the mirror).
  • XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS. Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla).

Apertura continuada ata as 01:00 h.

  • MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO: Cultura e cata de viños: homenaxe ao etnógrafo Antón Fraguas, visitas guiadas exposición permanente e temporal “O presente e o pasado”, especial 20 aniversario. Audición musical Libertango.

Apertura continuada ata as 00:00 h.

  • MUSEO DEO MAR DE GALICIA: Portas abertas nos tres edificios principais. Visitas guiadas ao acuario.
  • SALINAE. CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL. Visitas guiadas.

Apertura continuada ata as 23:00 h.

  • NATURNOVA. Centro interactivo de educación medioambiental. Sede Afundación Vigo.
  • XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS. Visitas guiadas Castro de Vigo. Concerto no Castro de Vigo (Margarida Mariño).