CAMELIAS MASCOTAS

Vigo Turístico propón redescubrir a cidade coas súas rutas pioneiras

En 2017, Borja Concheiro converteuse no primeiro guía local en realizar sistematicamente os populares free tours na nosa cidade. Este tipo de plans, nos que cada asistente paga segundo o grao de satisfacción, adoita estar dirixido a turistas, pero este apaixonado pola historia de noso quixo que a veciñanza se unise aos paseos para redescubrir o seu entorno.

No confinamento o proxecto de Borja Concheiro deu un pasiño máis con Vigo Turístico e o lanzamento de varios roteiros temáticos para o público local. Estas rutas pioneiras descubriron a propios e estraños, da man de Borja e outros guías oficiais expertos, o ataque do corsario Francis Drake no século XVII, a historia da arquitectura indiana e o patrimonio perdido, a importancia das conserveiras, o legado de Jules Verne, a magnitude da Reconquista contra os franceses ou o noso xeito de celebrar o Entroido en Vigo. A arte urbana, as luces do Nadal, o viguismo e os misterios e lendas que agochan as nosas rúas son outras das temáticas máis populares. Ata 12 rutas perfectas para sorprender a amigos, familares ou compañeiros de traballo percorrendo a cidade a pé antes dun agradable xantar ou dunha rica cea.

REVISTA NOVEMBRO

Os próximos dous meses a ruta estrela promete ser a das luces de Nadal, iso si, cun enfoque ben distinto do tradicional. Ademais de desfrutar do alumeado natalicio, Concheiro profundiza na rica historia da cidade e nos personaxes e eventos menos coñecidos que a fixeron brillar. Un tour lúdico-cultural de dúas horas idóneo para estas datas tan sinaladas.

O portal Vigo Turístico tamén nos ofrece plans náuticos para coñecer a ría, as illas da zona ou escapadas a outras vilas da ría como Baiona, Cangas ou Redondela. Todas estas rutas, que oscilan entre os sete e os dez euros, poden organizarse baixo demanda para grupos privados, un xeito distinto e divertido de percorrer e (re)descubrir Vigo.

vigoturistico.com | vigoturistico@gmail.com | 654 22 69 94 | @vigoturistico

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.