Viña Costeira propón unha maridaxe de viño e bombóns nas súas bodegas para este Nadal

Durante estas festas Viña Costeira convídanos a vivir unha experiencia do máis especial descubrindo a maridaxe perfecta dos viños de Viña Costeira e os bombóns Ferrero Rocher. As visitas poden realizarse de luns a sábado ata o 4 de xaneiro. Preme aquí para reservar!

Ribadavia foi escollida como a vila máis bonita de España segundo a famosa marca de bombóns Ferrero Rocher na súa campaña ‘Juntos brillamos más’. Ademais de atraer a moitos máis visitantes do habitual, todo o alumeado de Nadal deste ano corre a conta da empresa italiana. Aproveitando o tirón, Viña Costeira organiza desde esta semana ata o 4 de xaneiro, de luns a sábado, unhas visitas ás súas instalacións en Ribadavia. Alí poderemos probar unha maridaxe do máis particular: viño e Ferrero Rocher.

O plan vai máis aló: gozaremos das mellores vistas do río Miño desde o miradoiro de San Cibrao, introducirémonos na viticultura máis tradicional do Ribeiro mentres percorremos os viñedos e coñecemos as principais variedades de uvas autóctonas da zona e as súas diferenzas. Para rematar, a visita Viña Costeira convídanos a descubrir as elaboracións e os produtos máis especiais e participar nunha cata guiada de dous viños na Enotienda maridados con bombóns.

O prezo por persoa é de 15 euros, con tarifa reducida para os menores de 10 anos e gratis para os menores de catro. Xa é posible reservar a visista na web de Viña Costeira. Máis información no 648 237 385.

FAITE AMOVIDALOVER

Sobre Viña Costeira

Os viños de Viña Costeira están enmarcados na denominación de orixe máis antiga de Galicia e probablemente unha das máis antigas de Europa: a D.O. Ribeiro. A súa diversidade de varietales é unha das riquezas que a historia outorgou ao Ribeiro. As distintas cepas contribúen a que a paisaxe da comarca non sexa un uniforme monocultivo, senón un tapiz sorprendente, cuxa riqueza achega ao viño incribles combinacións de matices e aromas.

Treixadura, Torrontés, Loureira, Lado, Albariño e Godello son as grandes variedades de uva autóctonas que interveñen na elaboración dos brancos e delas toman a súa frescura, o seu corpo e os seus aromas. Caiño, Brancellao, Sousón, Ferrón e Mencía son as protagonistas dos tintos, saborosos e de crecente calidade