CAMELIAS MASCOTAS

Vigo estrea un festival de música urbana no porto

Ayax y Prok, Quevedo, Califato ¾, Sila Lúa e Safree serán os artistas que se suban ao escenario situado no molle de trasatlánticos o próximo 27 de agosto. O evento enmárcase dentro dos concertos do Xacobeo as entradas, xa dispoñibles, teñen un prezo de 28,50€.

Ayax y Prok durante un concerto en 2019

A oferta musical para o verán non deixa de medrar. Castrelos, TerraCeo, os diversos Ciclos Xacobeo, Muse, C. Tangana, festivais varios… e agora o festival de música urbana. Será o 27 de agosto no molle de trasatlánticos e nel actuarán Ayax y Prok, Quevedo, Califato ¾, Sila Lúa e Safree.

Ayax e Prok son irmáns xemelgos e compoñen un dúo de artistas granadinos. Criados no barrio do Albayzín, levan escribindo rap desde fai máis dunha década. Desde mozos desenvolveron un gran interese polo saber e a composición poética, tamén polas artes plásticas tales como a pintura e o debuxo. Conseguiron coas súas letras tradear almas e facer reflexionar sobre esta época de mentes dispersas; gañáronse o respecto de todos a base de rap con conciencia. Xuntos presentarán as súas mellores obras.

Quevedo, con apenas un ano de carreira, conseguiu posicionarse como a nova promesa urbana de fala hispana, alcanzando máis de dez millóns de oíntes mensuais. No que vai de ano, xa acumula no seu país tres discos de platino e dous de ouro. O seu traballo vese influenciado pola cultura musical de Gran Canaria, o hip hop e os ritmos latinos principalmente. Actualmente é un dos artistas máis aclamados da industria. A súa carreira non é cousa dun só hit, senón que nos queda moito por descubrir. “Cayó la noche”, “Ahora y siempre” ou “Chamaquita” son só algúns deles.

REVISTA NOVEMBRO

Califato ¾ xorde en 2018 nun encontro entre varios músicos sevillanos e malagueños. Como ben indica o seu nome, Califato ¾, outorga especial relevancia ao compás de ¾, o ternario básico común a moitos paus do flamenco. A banda reivindica a Andalucía popular e mestiza a través da experimentación e a fusión do flamenco, o funk, os breaks, o footwork, o hip hop e o dub, entre outros, e sempre sen medo a mesturar. O grupo presentará o seu novo traballo Lô amantê de Çan Pablo, ademais de La contraçeña e as súas versións do álbum La contraçeña (Remîççê Boll. I).

Un dos vocalistas de Califato 3/4 durante un concerto este ano

Sila Lua é unha artista e produtora nada en Vigo e residente en Madrid. Recentemente chegada á cidade que a viu crecer tras cinco anos vivindo en Londres, Sila xoga inevitablemente entre dous mundos: a música urbana en español e a electrónica experimental anglosaxoa. Foi descrita como “unha diva marciana do novo pop escuro europeo”. Sila Lua está disposta a desvelar o seu don musical cos seus últimos éxitos, como “Tanta vida”, “Eres para mí” o “Dímelo”, e a gozar dun gran concerto xunto aos seus fans.

Safree é unha cantante e compositora alacantina de música urbana-folclórica. Comezou a súa carreira en 2011, desde entón logrou posicionarse a nivel internacional. En 2017 presentouse no ‘PRIDE’ no Zócalo da Cidade de México fronte a 150.000 espectadores e en 2019 logrou encher o ‘ Lunario’ do Auditorio Nacional, como parte do “Ego Tour”. Participou en sinxelos con estrelas da música como Paty Cantú, Rozalén Escobar e François Le Goffic. Actualmente, o seu tema “Arte” entrou no top 50 de virales en España e Latinoamérica, con medio millón de oíntes.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.