VIALIA
PLAYDOC

Vigo será sede do Festival de Arquitectura Urbana TAC en xuño

Vigo e San Fernando en Cádiz son as dúas sedes escollidas para a celebración da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC. A Porta do Sol acollerá do 13 de xuño ao 14 de xullo un pavillón temporal no que se celebrarán encontros e actividades culturais para reflexionar sobre arquitectura contemporánea.

REVISTA MAIO

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, coa colaboración da Fundación Arquia, o Concello de Vigo e o Concello de San Fernando presentaron hoxe na Casa da Arquitectura de Madrid a terceira edición de TAC! Festival de Arquitectura Urbana, unha cita anual que nesta ocasión se celebrará en Vigo (Pontevedra) e San Fernando (Cádiz) para reflexionar arredor uso e deseño do espazo público e a rexeneración dos espazos urbanos desde a óptica da pequena escala, o doméstico e a proximidade.

A candidatura de Vigo, presentada polo Concello co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, TAC! 2024, mostra un espírito transversal entre prácticas e políticas locais que permitirá profundar nas transformacións urbanas levadas a cabo por esta cidade singular forxada a partir dun tecido industrial.

Coa vocación de impulsar o talento novo, a innovación e a experimentación desde o ámbito da arquitectura e o urbanismo, cada edición do festival confórmase ao redor de dúas convocatorias: un chamamento para ser Ciudad TAC! e un concurso de ideas para a creación dun pavillón temporal en cada unha das dúas cidades seleccionadas como sede. Desde hoxe, todos aqueles arquitectos e arquitectas menores de 45 anos poden presentar as súas propostas de pavillóns temporais a través da web do festival. Ese pavillón será o epicentro do festival e permanecerá aberto na Porta do Sol do 13 de xuño ao 14 de xullo ao tempo que se desenvolven as diferentes actividades propostas polo evento.