Vigo en Festas encherá a Alameda de música e espectáculos para todos os públicos
Este ano as actividades enmarcadas na semana grande das festas de Vigo terán lugar na Alameda entre o luns día 9 e o domingo 15 de agosto. A programación inclúe espectáculos infantís, música, humor e un festival de música clásica e jazz.
O programa Vigo en Festas dispón dun amplo abano de espectáculos para que os vigueses poidan comezar agosto con bo pé. As actividades que se desenvolverán na semana do 9 de agosto serán gratuítas e terán lugar na Praza Compostela ao aire libre.
A primeira actividade da lista é un espectáculo de maxia e ilusionismo o luns día 9, que deixará tanto a pequenos coma a maiores sen palabras ante os trucos e incoherencias que pode chegar a observar o ollo humano, todo un espectáculo! Durante o martes, mércores e xoves haberá un festival de percusión. A actividade contará con dúas seccións: dous obradoiros e dous concertos, animando ao público a participar e aprender sobre esta variedade de instrumentos musicais. O xoves 5 de agosto un monologuista encargarase de facer rír a toda a cidade viguesa e pasar un divertido rato nunha das prazas máis ilustres da cidade.
Durante a fin de semana terá lugar a primeira edición do Vigo Jazz Class, un festival que nos achegará a música clásica e ao jazz en pleno centro neurálxico da cidade. O Vituvia é o encargado da dirección artística deste certame que arrancará o venres 13 co concerto ‘Un Vigo de película’ a cargo da Orquestra 430; un espectáculo basado nas bandas sonoras de cine, recollendo as mellores pezas ao longo da historia de Hollywood. A quenda de Vigo Ensemble chegará o sábado, cun concerto titulado ‘De Bach a Glass’. Finalmente, Abe Rábade Trío pechará a programación do Vigo en Festas con composicións nos estilos jazz, clásico e músicas de raíz.
Todos os espectáculos cumpren as medidas de restricción actuais da covid, o aforo será limitado e as cadeiras se encherán por orden de chegada. Haberá escenario e amplificación para alcanzar todo o espazo do parque, mantendo as distancias de seguridade.