Unha instalación de Jorge Perianes celebra o primeiro ano do programa Cultura por alimentos
Jorge Perianes asina a peza central e os textos da nova exposición de Afundación en Vigo, unha mostra que conmemora o primeiro aniversario da iniciativa Cultura por alimento e que homenaxea ao sector conserveiro.
Afundación presentou esta mañá Conserva, unha instalación encargada ao artista Jorge Perianes para conmemorar o primeiro aniversario do programa Cultura por alimentos, posto en marcha en 2021 pola entidade en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos e que leva recadados xa 6.000 quilos de comida.
A exposición Consta dunha gran peza central, obra do ourensán Perianes que simula de xeito esquemático as mesas corridas nas que se elaboran as conservas nas fábricas desde a perspectiva do tempo, a continuidade, a repetición, a multiplicidade de persoas e escenarios case idénticos espallados pola nosa xeografía. A instalación está complementada con elementos gráficos e audiovisuais vinculados co ámbito da industria da conserva e con achegas textuais do propio artista, así como unha parede na que podemos observar o proceso de construcción da pexa artística, con bocetos, bibliografía e vídeo da montaxe.
A exposición conmemora o primeiro aniversario do programa de impulso social de Afundación Cultura por alimentos, no que a entidade animaba aos asistentes ás súas actividades culturais a acudir con elementos non perecederos que foron doados aos Bancos de Alimentos das cidades galegas. Desde setembro de 2021 a iniciativa leva recadados máis de 6.000 quilos de alimentos non perecederos. Nesta mostra colaboran tamén a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (ANFACO-CECOPESCA).
A mostra poderase contemplar ata o 7 de xaneiro de 2023 en horario de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h na Sala de Exposicións do Teatro Afundación Vigo (entrada pola rúa Reconquista) e prevese a realización de visitas escolares e guiadas. Esta mesma tarde, o artista realizará unha visita guiada pola mostra ás 17:30h. As inscricións para participar nela
pódense formalizar desde aquí.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024