CANS
GALAXIA

MAPIS celebra os maiores descontos do ano en artículos para bebé

O negocio local de puericultura MAPIS, acrónimo de mamis e papis, celebra estes días os maiores descontos do ano en toda a tenda. Ata o 16 de outubro podemos comprar carros, tronas, textil, accesorios e xoguetes con descontos desde o 15% ao 40 %.

Paula na tenda MAPIS | Foto: Paula Cermeño

A tenda viguesa de puericultura MAPIS únese á quincena do bebé e ofrece os maiores descontos do ano ata o 22 de outubro, con ofertas directas e vales para gastar ata o 31 de decembro. Detrás deste proxecto de comercio local atópase Paula,quen logo de pasar por varias tendas alleas, decidiu facer realidade o seu propio espazo. Ela é quen asesora ás familias e tamén quen procura os produtos “fixen unha aposta desde o principio por traer marcas alemás e nórdicas pouco frecuentes aquí porque creo que nos levan vantaxe en deseño de produtos e xoguetes educativos”, explica contenta coa resposta das familias. Ademais de tenda, Paula organiza eventos e talleres que converten o seu espazo nun punto de encontro e información das familias de Vigo.

Ata o 22 de outubro MAPIS únese a un evento nacional que recibe o nome de quincena do bebé, (pero que se extende máis días) no que as grandes marcas ofrecen atractivos descontos. “Son as mellores promocións do ano, moito mellor que as rebaixas”, asegura a tendeira, que ofrece promocións de entre o 15 e o 40% en moitos dos artigos que ten na tenda. Sen dúbida, trátase dunha boa ocasión para facernos con artículos que requiren de maior inversión, como carros, cadeiras para o coche e cadeiras de paseo, que rondan os 600 € de media e agora podemos adquirir por moito menos.

Paula explica que moitos dos descontos aplícanse directamente, pero hai casos no que as políticas comerciais das marcas non permiten ofrecelos nesta época do ano. Neses casos en MAPIS extenden un vale por valor do 15% da compra que pode usarse ata o 31 de decembro.

Como dixemos, MAPIS tamén é un local de eventos, que realizan na propia tenda ou nunha amplia sala coa que contan na parte de atrás. O 17 de outubro ás 17:30h celebran a xornada La llegada del bebé, na que a psicóloga Cecilia Cánepa guiará aos futuros pais na adaptación á chegada do novo membro da familia. É preciso inscribirse contactando con MAPIS.

Rúa de Pizarro, 47 | 629 60 21 97 | @mapis.vigo

REVISTA MAIO