VIALIA
KIKIMORENTE

Tikismikis: cerámica con esmero

Tikismikis é a marca de cerámica de María Granja, artesá alacantina establecida en Vigo. Realizadas con esmero e pulcritude, no catalogo non atoparemos dúas pezas iguais, pois o proceso de creación é totalmente artesanal. A responsable tamén ofrece clases de cerámica no Taller Arterial.

María Granja é unha alacantina establecida en Vigo que hai seis anos lle deu unha oportunidade á cerámica e sentiu un amor a primeira vista. O que empezou como unha afección converteuse na súa paixón, polo que María decidiu deixar o seu traballo na hostalería para emprender en solitario e centrarse en Tikismikis, a súa marca de cerámica feita á man.

A pulcritude e o esmero son o selo persoal de María, tal como indica o nome da súa marca. Tikismikis traballa con encargos a demanda, como as vaixelas personalizadas para fogares e restaurantes. Mensaxes como «Nos tenemos a nosotras» ou a receita do típico biscoito da avoa poden decorar a nosa mesa grazas ás mans e á orixinalidade de María. No catálogo da marca non hai dúas pezas iguais, xa que o proceso de creación de cada unha delas é totalmente artesanal.

Se, ademais de investir en cerámica atemporal e única, queremos probar a crear coas nosas mans, María imparte talleres e clases mensuais en lugares da cidade como o Taller Arterial. Decora a túa mesa e o teu fogar coa arte de Tikismikis e non dubides en iniciarte na cerámica, quizais namores ti tamén!

@tikismikisartesania

Estela Gómez
Correctora literaria e redactora de contidos

REVISTA MARZO
The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 1992 preto do mar. É filóloga, escritora e correctora literaria, amiga do analóxico, a cultura e a moda vintage. No 2021 foi unha das dez escritoras seleccionadas da Residencia Literaria da Cidade da Cultura dirixida por Javier Peña. No 2025 publicou a súa primeira novela. Poderás atopar a Estela na biblioteca, no cine, no museo, no teatro, nun concerto ou no centro da cidade lendo un libro ao sol.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)