VIALIA
bannerPicnicSesions

Tempo de recordar a Revolución dos Caraveis

Decenas de persoas xúntanse na Rúa Príncipe da cidade para conmemorar o aniversario da Revolución dos Caraveis, que trouxo consigo a instauración do estado democrático e de dereito en Portugal o 25 de abril de 1974. (Fotos: Pablo V.)

O pase de diapositivas require JavaScript.

Un coro de voces ao son escoitase na Rúa Príncipe, fronte o Marco. Decenas de personas abrázanse mentres entonan Terra da fraternidade/ O povo é quem mais ordena . Outras, levantan o puño e portan un caravel na outra man. Unha bandeira portuguesa ondea desde as escaleiras do museo. Trátase dunha concentración que conmemora a Revolución dos Caraveis, o levantamento militar incruento que liberou ao país veciño do réxime ditatorial, acontecida no 1974.

O que resoa neste espazo da cidade é Grandola, Vila Morena, a canción transmitida na emisora Radio Renascença no 1974 e que serviu de sinal á sublevación lusa para que ocuparan os puntos estratéxicos. Esta peza musical máis os caraveis definen á Revolución. No amencer dese 25 de abril, as flores sobresaían da boca dos fusís como proba do carácter pacífico do alzamento. Esta imaxe, que deu a volta ao mundo, produciuse grazas a Celeste; unha camareira que portaba caraveis logo da cancelación dun evento e llos ofreceu a un soldado.

Dolores Miloro é unha das persoas asistenetes a esta conmemoración do 25 de abril. Sinala que a idea de organizar este evento parte, entre outros, da asociación A Madriña, que ten asúa sede na Praza de Portugal. Miloro explica que comenzaron a celebralo o ano pasado pensando en que “a historia se repite e, neste caso, a crise económica provocou moita desigualdade e moitos problemas sociais. A Revolución dos Caraveis foi precisamente iso, unha loita pola liberdade“.

REVISTA ABRIL

En canto ao obxectivo da concentración, Dolores Miloro explica que ten que ver coa reivindicación social e a ocupación da rúa “posto que consideramos que nos usurparon este espazo, que parece que ten que estar ocupado polos comercios e non polas persoas”

Pola súa banda, Rafael, que prefire non dar o seu apelido, tamén asiste a esta concentración e explica que ” Son tempos de reivindicar a liberdade, igualdade e fraternidade, que son frases que deben ser eternas. Hai tempos que é necesario recordar que a liberdade é algo forzoso e hai que estar atentos.

O 25 de abril converteuse onte na cidade nun símbolo de reivindicación. Logo do cántico de Grandola, Vila Morena, a Rede de Mulleres manifestábase contra a violencia machista e o movemento de emerxencia climática recordaba que non existe un plan b para a Terra.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.