Sorteamos menú para dous en La Leyenda
Unha vez máis queremos agradecer aos nosos seguidores o seu apoio e que mellor que facelo con comida por medio. La Leyenda xa é un habitual da nosa cidade tanto pola súa oferta gastronómica como polas actividades de ocio que oferta coas sesións vermús dos domingos ou o Festival de Cortos y Cañas.
O agasallo para os nosos seguidores é un Menú Mediodia composto por ensalada ou burger/bocata con patatas máis bebida e café que poderás degustar con quen queiras de luns a venres (13:00-16:30) en calquera dos establecementos de La Leyenda (Casablanca, Independencia ou Calvario)
Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.
O prazo para participar é ata o mércores 13 de febreiro ás 12 da noite. O xoves 14 de febreiro coñeceremos o nome da persoa premiada.
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso é preciso:
- Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
- Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 13 de febreiro ás 12 da noite.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos
Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.
O premio:
Sortéase un Menú Mediodia composto por ensalada ou burger/bocata con patatas máis bebida e café que poderás degustar cun amigo de luns a venres (13:00-16:30) en calquera dos establecementos de La Leyenda (Casablanca, Independencia ou Calvario)
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.