VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteamos dous abonos para o Revenidas

Este verán queremos que vaias de festival en festival e por iso vamos sortear dous abonos para ir ao Revenidas en Vilaxoán de Arousa do 9 ao 11 de agosto.

Para participar podes facelo de varias formas. Coma sempre, todos os #AMOVIDALOVERS ou subscritores da revista, participan de maneira automática. Se aínda non o es infórmate neste link. Pero tamén podes participar a través de Instagram ou Facebook.

prazo para participar é ata o mercores 31 de xullo ás 12 da noite. O xoves 1 de agosto coñeceremos o nome da persoa afortunada.

SOBRE O FESTIVAL REVENIDAS

O Festival Revenidas 2019 O Festival das Linguas, celébrase na vila mariñeira de Vilaxoán de Arousa, no concello de Vilagarcía (Pontevedra). Todas as actividades programadas realízanse no entorno do Porto de Vilaxoán, no parque de Dona Concha, na praia do Preguntoiro con bandeira azul e nas rúas desta vila.

O #REVENIDAS19 contará con dous escenarios nun recinto pechado para os concertos de pago. Ademais o festival conta cun amplo espazo de acceso libre no entorno do porto, ao redor co edificio da Praza de Abastos, no parque de Dona Concha onde terán lugar as actividades de balde e para todos os públicos.

O Revenidas converteuse nunha referencia na nosa comunidade pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. A xornada inaugural, que terá lugar o venres 9 a partir das 20.00 coa música de Desakato, The Baboon Show, Hard GZ, Mal Elevé, Erin, Tribade, Flow do Toxo e Ferromona DJ. O día grande, o sábado 10, comezará con varias actividades de balde para todos os públicos: Gran Sardiñada Popular, Gala de Circo pro Refuxiadas e pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Brassica Rapa e a orixinal proposta con atmosfera poética de Thomas Dylan & Balea. O mesmo día, a partir das 20.00 terá lugar no recinto de pago os concertos de Gatillazo, Talco, Skacha, Los Caligaris, Rebelióm do Inframundo, Valira, El Niño de la Hipoteca, TNT, e DJ Plan B. O domingo 11 de agosto o día iniciará cos concertos de Carolina Rubirosa, Dakidarría en acústico e Punkintanfil no parque de Dona Concha para dar inicio a un fin de festa que culminará no recinto dos concertos da man de Gogol Bordello, Nao, Doctor Krapula, Gambeat, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, o Leo Arremecághona, Chocolate Remix e La Duendeneta.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser subscritor da revista. Se non o eres preme neste link.
    Ou
  • Ser seguidor de @amovidavigo en Instagram ou Facebook.
  • Etiquetar ao amigo/a que invitarás se eres o gañador/a.
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 31 de xullo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o medio no que participou; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéase dous abonos (para unha mesma persona) para o festival Revenidas.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

  • Facebook e Instagram non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.