REVISTA ABRIL

Sorteamos dous abonos para o Festival Stomp and Holler

Esta fin de semana celébrase o festival Stomp and Holler, baixo a interesante premisa de ‘tres días, tres salas e tres concertos’. Agora podes gañar un dos abono dobres que sorteamos.  

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en FacebookInstagram, darlle gústame na publicación sobre este sorteo e etiquetar ao amig@ que levarás de acompañante.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

O prazo para participar é o día de hoxe, 5 de febreiro, ata ás 12 da noite. Mañá, xoves 6 de febreiro coñeceremos o nome das persoas premiadas.

SOBRE O EVENTO

Tres días, tres salas e tres concertos. Esa é a premisa do festival Stomp and Holler, creado pola Asociación Cultural River Bucks, que este ano celebra a súa segunda edición os días 7, 8 e 9 de febreiro. O seu obxectivo é o de traer aos diferentes espazos da cidade rock, blues e demais música de raíz americana a través de bandas internacionais. Este ano, ademais, contan con presenza local grazas á banda BlackStereo.

As bandas que participarán son as seguintes:

JAMES ARMSTRONG BAND. Venres 7 na Sala Rouge. 22h

Naceu en 1957 en California. Cando a súa carreira musical comezaba a despegar tras a publicación do seu primer álbum Sleeping with The Stranger, James é apuñalado na súa propia casa por un intruso, sufrindo graves feridas das que pouco a pouco iría recuperándose, aínda que as secuelas están presentes hoxe en día cunha dor crónica e permanente na man esquerda.

Cun gran esforzo e grazas á axuda de amigos como Joe Louis Walker ou Doug Macleod ás guitarras, un ano despois daquel fatídico momento publicaría Dark Night, un verdadeiro exemplo de superación e un disco imprescindible para calquera amante do blues.

WILLIAM THE CONQUEROR. Sábado 8 en La Iguana Club. 22h

William The Conqueror, procedentes de Reino Unido, están liderados por Ruarri Joseph , un dos maiores expoñentes da música británica nos últimos anos. Traerán ata Vigo unha boa dose da súa música en directo, esa que oscila entre o indie, a americana, o pop ou o grunge. Son capaces de crear un universo cargado de infinidade de sensacións sonoras, que de seguro que non deixarán indiferentes a ningún dos que se acheguen aos seu concerto.

MARCO CINELLI & DANNY DEL TORO + BLACKSTEREO. Domingo 9 en Radar Estudios. 20h

Hendrik Röver é un dos maiores exponentes do rock deste país, dende o seu estudio de grabación “GuitarTown” colabora e produce gran parte da mellor música creada na última década,  bandas como The Soul Jacket, Kleejoss Band, Bo Dereks, The Four Breakers… xa pasaron polas suas mans. Será todo un privilexio ter nunha sala emblema do rock como La Iguana Club a unha das bandas máis representativas do rock nacional!

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
    • Enlace da publicación en Facebook.
    • Enlace da publicación en Instagram.
  • Darlle gústame no Facebook ou Instagram de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata ás 12 da noite do día de hoxe (5 de febreiro).
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador/a será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el/ela mediante o medio co que participe; se nun prazo de 48 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dous abonos dobres para asistir ás tres salas nas que se celebra o festival Stomp and Holler do venres 7 ao 9 de febreiro .

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.