Sorteamos dúas entradas para ‘Lechazo á Feira’
A Movida acaba de cumprir un mes de vida e quere celebralo con todos vos co sorteo de dúas entradas para ‘Lechazo á Feira’. O espectáculo humorístico no que participan Touriñan, David Amor, J.J. Vaquero e Álex Clavero celebrarase o 2 de abril no Teatro García Barbón.
Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.
O prazo para participar é ata o xoves 22 de febreiro ás 12 da noite, o venres 23 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.
Sobre ‘Lechazo á Feira’
Galicia e Valladolid teñen moitas máis cousas en común do que nos cremos, ou non? A verdade non o temos nada claro, pero do que estamos seguros é de que seleccionamos a catro persoas que nolo poderán esclarecer.
E como xurdiu esta idea? Pois, como xorden as mellores ideas do mundo! Unha mesa, viño, unha ración de polbo, un lechazo e catro comensais con moita fame.
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso é preciso:
- Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
- Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o xoves 22 de febreiro ás 12 da noite.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos
Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.
O premio:
Sortéanse dúas entradas para o espectáculo ‘Lechazo á Feira’ no Teatro Afundación o vindeiro 2 de abril. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.