VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteamos dúas entradas para ‘Mucha tontería’ de Berto Romero

A Movida quere agradecer a súa fidelidade a tódolos suscriptores do newsletter semanal co sorteo de dúas entradas para o monólogo ‘Mucha tontería’ de Berto Romero, que terá lugar no Teatro García Barbón o vindeiro domingo día 3 de xuño.

Para participar no sorteo só tes que ser suscriptor de A Movida. Se aínda non o es, podes darte de alta neste enlace.

prazo para participar é ata o domingo 27 de maio ás 12 da noite, o luns 28 coñeceremos o gañador do sorteo.

Sobre ‘Mucha Tontería’

“Mucha Tontería”  é o novo monólogo de Berto Romero. O seu título é á vez unha declaración de intencións e unha precisa descrición do seu traballo sobre os escenarios durante os últimos 20 anos.
Novas historias, novas cancións e algunha que outra sorpresa nesta cita con Berto no teatro. Máis nada que un cómico, un guitarrista e toda a bobada necesaria para non parar de rir.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser suscriptor do newsletter de A Movida
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 27 de maio ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu correo electrónico; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéanse dúas entardas para “Mucha tontería” de Berto Romero. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.