CAMELIAS MASCOTAS

Sorteamos dúas entradas para ‘God save the Queen’

A Movida quere agradecer a súa fidelidade a tódolos subscritores do servizo de WhatsApp co sorteo de dúas entradas para o show “God save the Queen (Dios salve a la Reina)”, que terá lugar no pavillón 3 do Recinto Ferial de Vigo (IFEVI) o vindeiro sábado día 27 de outubro.

Para participar no sorteo só tes que ser subscritor do servizo de WhatsApp de A Movida. Se aínda non o es, podes darte de alta neste enlace.

prazo para participar é ata o venres 19 de outubro ás 12 da noite, o sábado 20 coñeceremos o gañador do sorteo.

Sobre “God save the Queen (Dios salve a la Reina)”

“God save the Queen” é a banda escollida polos propios Queen para promocionar a película  Bohemian Rhapsody.  Recoñecida internacionalmente pola prestixiosa revista Rolling Stone, a banda festexa este ano os seus 20 anos de carreira e, por iso, presenta o seu show máis ambicioso. “God Save The Queen”, celebra o mellor dos seus 20 anos de carreira, emulando o concerto máis importante de Queen e a súa última actuación en vivo: Wembley´86.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA NOVEMBRO
  • Ser subscritor do servizo de WhatsApp de A Movida
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o venres 19 de outubro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu correo electrónico ou número de teléfono; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéanse dúas entradas para “God save the Queen”. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.