REVISTA ABRIL

Sorteamos dúas entradas para ver a Orquesta Clásica de Vigo

Este ano a Orquesta Clásica de Vigo cumpre 35 anos e o conmemora cunha serie de concertos singulares e contemporáneos ata final de ano. O primeiro terá lugar o 7 de marzo no Teatro Afundación ás 20:30 e para celebralo poñen a disposición dos seguidores de A Movida dúas entradas individuais.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

O prazo para participar é ata o domingo 3 de marzo ás 12 da noite. O luns 4 de marzo coñeceremos o nome da persoa premiada.

SOBRE A ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

Orquesta Clásica de Vigo nace en 1984 é unha entidade cultural sen ánimo de lucro que apostou dende os seus comezos pola formación e a innovación nos formatos da música clásica. É aformación orquestral máis antiga de Galicia e polos seus atrís pasaron máis de 250 músicos, moitos deles son, a día de hoxe, artistas de primeiro nivel en orquestras nacionais e internacionais. O director artístico, Manuel Martínez Álvarez-Nava, está á fronte da formación dende os seus comezos.

Este ano están cumpren 35 anos e queren celebralo cunha ambiciosa e variada programación ata final de ano. Seis concertos nos que atoparemos tanto obras de Vivaldi e Beethoven como a banda sonora de Harry Potter ou instrumentos electrónicos. Estas actuacións terán lugar no Teatro García Barbón, no Auditorio Municipal do Concello e no Museo MARCO. Todas elas estarán fiadas entre si, agrupadas por contrastes e artistas complementarios. 

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil da rede social na que participe; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéase dúas entradas invididuais para o concerto da Orquesta Clásica de Vigo que se celebrará o 7 de marzo ás 20:30 no Teatro Afundación.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.