Sorteamos dous discos de The Riggos no seu primeiro aniversario
Un 23F do 2018 a banda viguesa The Riggos sacaba á luz o seu primeiro ábum homonimo. Un ano despois queren celebralo cos seguidores de A Movida e poñen a nosa disposición dous cds para sortear entre todos vós.
Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.
O prazo para participar é ata o martes 26 de febreiro ás 12 da noite. O mércores 27 de febreiro coñeceremos o nome da persoa premiada.
SOBRE THE RIGGOS
The Riggos é un grupo vigués de punk-rock e rock formado no ano 2011. O grupo foi creado non seus inicios por Bruno Costas, Yago Ray Costas aos que, tras varias formacións, se lles sumaron Denis Carballás e Arturo Peixoto. Comezando como un grupo versións, hoxe en día conta cun amplo repertorio de cancións propias. Tras lanzar tres EP’s ao longo da súa historia, o 23 de febreiro de 2018 sae á luz o seu primeiro disco titulado The Riggos, formado por 14 canciones, baixo o selo de Lemuria Music.
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso é preciso:
- Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
- Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 13 de febreiro ás 12 da noite.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos
Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil da rede social na que participe; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.
O premio:
Sortéase dous discos de The Riggos editatos no 2018 por Lemuria Music.
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.