CAMELIAS MASCOTAS

Sesiones Sumergidas e Del Tirón, novas formas de gozar da música na rede

Formatos como Tiny Desk, Gallery Session o Live in KEXP están a gozar dun gran éxito nos últimos anos. Non son máis que novas formas de gozar da música en directo en formatos máis íntimos e cunha boa calidade de son e imaxe. En Vigo están a xurdir propostas similares, como é o caso das Sesiones Sumergidas de Baicrea e Del Tirón de CLN Prods.

Fotograma do vídeo de M. Sevener nas Sesiones Sumergidas

A axencia creativa Baicrea estrena Sesiones Sumergidas, un novo formato de sesións musicais en vivo realizadas a bordo de barcos na nosa ría. Desta maneira, a experiencia sonora mestúrase coa visual e o talento dos artistas co encanto natural das paisaxes. Polo momento na súa canle de YouTube teñen tres vídeos subidos a modo de adelanto, que no momento de escribir estas liñas xa teñen máis de 400.000 visualizacións. Estas pezas están protagonizadas por Rizha e Girli, na costa de Aldán; Rufus T. Firefly, na de Moaña; e M. Sevener, nas inmediacións de Rande.

REVISTA NOVEMBRO

A primeira tempada ten previsto estrearse en 2022, con David Casas na dirección, Manuel Piñeiro na produción executiva e Stereo Sounds, marca propia de Baicrea orientada ao sector musical, na produción de son.

Por outra banda, a asociación cultural e produtora artística CLN Prods é a encargada de realizar Del Tirón, unha serie de sesións de pequeno formato realizadas a artistas galegos como Ortiga ou Grande Amore. Entre eles atopamos a varios vigueses: Kaixo, Law, G Parsi, Laura Jordán, Hugo Guezeta ou Sara Faro. Entre as localizacións locais distinguimos o Castro, Villa Solita, a Praza da Estrela ou La Fábrica de Chocolate. Actualmente contan con 25 vídeos na súa canle de YouTube, moitos deles orientados ás músicas urbanas.

Juancho Everman, Toxo Rabudo e El Fleko son os encargados de darlle imaxe e son ás cancións de todos estes artistas emerxentes.