REVISTA ABRIL

Xa coñecemos as novas tempadas de Música Clásica e Teatro en Afundación

As próximas tempadas de Música Clásica e Teatro que terán lugar nos próximos meses na nosa cidade estarán compostas por un total de 8 obras e 8 concertos para os que xa podes mercar o teu abono anticipado. 

Fotografía da obra ‘Si no te hubiese conocido’

Xa coñecemos a programación para os próximos meses tanto de Teatro como de Música Clasica. Comezando polo teatro, Lola Herrera, José Sacristán, Lolita Flores, Marta Hazas e José Luis Gil son algúns dos intérpretes que visitarán o Teatro García Barbón nesta tempada. Abrirá a tempada o 18 de xaneiro Eroski Paraíso, e lle seguirán Fedra o 10 de febreiro, Señora de rojo sobre fondo gris o 24 de febreiro, Auto de los inocentes o 8 de marzo, Si no te conociese o 24 de marzo, Cyrano de Bergerac o 27 de abril, Cinco horas con Mario o 8 de maio e pechará Mandíbula afilada o 23 de maio.

REVISTA ABRIL

Os abonos, que supoñen un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas
soltas, poderán adquirirse do 20 de decembro ao 13 de xaneiro no teléfono 902 504 500 ou neste enlace. 

A nova tempada de Música Clásica se desenvolverá entre os meses de febreiro e maio en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo. Inclúe seis concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia, e as actuacións de Vox Stellae Ensemble e o Dúo Ara con West Side Story. Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro García Barbón ás 20:00.

Abrirá esta tempada a Real Filharmonía de Galicia o mércores 6 de febreiro baixo a batuta de Paul Daniel A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá cinco concertos máis os días 27 de febreiro, dirixida por Jonathan Webb; 15 de marzo, con Baldur Brönnimann á batuta; 4 de abril, dirixida novamente por Paul Daniel; o 26 de abril dirixiraa Eun Sun Kim e o 9 de maio Wayne Marshall. Tamén participarán nesta tempada Vox Stellae Ensemble, o luns 18 de marzo e o Dúo Ara, con West Side Story, o mércores 22 de maio. Os abonos poden adquirirse no seguinte enlace.