CAMELIAS MASCOTAS

Senda panorámica de Vigo (GR-53)

A Senda Panorámica de Vigo é a máis longa de todas as rutas homologadas que percorren o municipio de Vigo. Caracterízase polo suave relevo e é accesible a todo tipo de camiñantes. Ademais, circunvala a cidade a través dos seus montes, constituíndo un miradoiro natural de valor excepcional. É a única ruta sinalizada en branco e vermello en Vigo.

Agárdanos un percorrido repleto de contrastes. Ademais de zonas verdes, descubriremos once dos doce parques forestais da cidade, o único zoolóxico de Galicia, restos arqueolóxicos, construcións modernas e antigas estructuras que coas ermidas rezuman lenda e espiritualidade.

REVISTA NOVEMBRO

Dada a súa longa duración, aconséllase realizala en tres etapas:
Treito I: Saiáns – A Pasaxe
Treito II: A Pasaxe – Puxeiros
Trito III: Puxeiros – A Madroa

KM: 39,9
DURACIÓN: 13,5 H
DIF.: media

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.