PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Seis restaurantes nos que celebrar as festas en Vigo

Para vexetarianos, Gálgala

Pequeño e acolledor e sempre unha aposta segura para os amantes da cociña vexetal. ecolóxica e natural. Trátase do restaurante vexetariano que leva máis tempo na nosa cidade e un oasis para os que desfrutan de comer sen presas pratos de sabor multicultural. O seu ambiente íntimo faino máis adecuado para ceas en parella  que para grupos. Ademáis teñen tenda de productos gourmet e ecolóxicos, polo que podedes aproveitar para levarvos algún regaliño de última hora.

Gálgala | Uxía S.

Para os que queren descubrir cousas novas, Verde Mostaza

Este local especializado en hamburguesas vexetarianas pode ser unha boa opción para fuxir dos menús convencionais e sorprender a carnacas e vexetarianos. Ademáis, é o lugar axeitado se hai alérxicos ao glute no grupo. Non é posible facer reservas para grupos de máis de cinco persoas no seu horario habitual, pero ofrecen a opción de deseñar menús a medida para eventos empresariais e de alugar o local completo nas noites dos luns, martes e mércores. Unha opción moi axeitada tanto para grupos grandes como para quen valora a intimidade á hora de celebrar un evento especial.

Verde Mostaza | Pablo V.

Para os amantes das tabernas de toda a vida, Bar primavera

Tradicional, pero con ideas frescas, moi saborosa e con opción para todos os gustos. Así é a cociña do Bar Primavera, sempre regada por viños de calidade. A súa carta composta en grande medida por tapas axeitadas para compartir entre varios, convérteo un lugar moi adecuado para reunión informais con amigos.

Bar Primavera | Uxía S.

Para desfrutar das vistas, Albatros

Sen dúbida o lugar máis instagrameable desta lista. A súa longa terraza a pe de mar outorgalle unha das vistas á ría máis desexables da cidade. Se ademáis lle engadimos un amplo comedor no que meter á familia ao completo e unha cociña moderna, baseada na calidade dos productos frescos galegos, sae un plan redondo. Dispoñen de variedade de menús para grupos; tanto e versión cóctel, para tomar de pé mentres celebramos cos colegas de traballo; como tradicional, con primeiro, principal e postre.

Albatros | Pablo V.

Para darse unha homenaxe, Patouro

Situado no barrio de Bouzas, o selo distintitvo de Patouro é unha carta cambiante, que fluctúa coas estacións e co que o seu chef atope de atractivo no mercado o mesmo día. Un acerto seguro se queremos sorprender con produto de calidade e elaboracións coidadas e imaxinativas.

Para os que busquen barra libre, El mono vintage

Famosos polos seus luns e xoves a 1 €, nos que ofrecen cañas, montadito e minihamburguesas a este reducido prezo, son café, restaurante e coctelería nun único establecemento, pero o que máis destaca é a súa historiada decoración kitsch e o seu ambiente distendido e divertido. Ofrecen menús para grupos cunha oferta moi tradicional que atraerá aos que desfruten da barra libre de viño incluída.

VINA COSTEIRA
El mono Vintage | Uxía S.