Seis restaurantes nos que celebrar as festas en Vigo
Para vexetarianos, Gálgala
Pequeño e acolledor e sempre unha aposta segura para os amantes da cociña vexetal. ecolóxica e natural. Trátase do restaurante vexetariano que leva máis tempo na nosa cidade e un oasis para os que desfrutan de comer sen presas pratos de sabor multicultural. O seu ambiente íntimo faino máis adecuado para ceas en parella que para grupos. Ademáis teñen tenda de productos gourmet e ecolóxicos, polo que podedes aproveitar para levarvos algún regaliño de última hora.
Para os que queren descubrir cousas novas, Verde Mostaza
Este local especializado en hamburguesas vexetarianas pode ser unha boa opción para fuxir dos menús convencionais e sorprender a carnacas e vexetarianos. Ademáis, é o lugar axeitado se hai alérxicos ao glute no grupo. Non é posible facer reservas para grupos de máis de cinco persoas no seu horario habitual, pero ofrecen a opción de deseñar menús a medida para eventos empresariais e de alugar o local completo nas noites dos luns, martes e mércores. Unha opción moi axeitada tanto para grupos grandes como para quen valora a intimidade á hora de celebrar un evento especial.
Para os amantes das tabernas de toda a vida, Bar primavera
Tradicional, pero con ideas frescas, moi saborosa e con opción para todos os gustos. Así é a cociña do Bar Primavera, sempre regada por viños de calidade. A súa carta composta en grande medida por tapas axeitadas para compartir entre varios, convérteo un lugar moi adecuado para reunión informais con amigos.
Para desfrutar das vistas, Albatros
Sen dúbida o lugar máis instagrameable desta lista. A súa longa terraza a pe de mar outorgalle unha das vistas á ría máis desexables da cidade. Se ademáis lle engadimos un amplo comedor no que meter á familia ao completo e unha cociña moderna, baseada na calidade dos productos frescos galegos, sae un plan redondo. Dispoñen de variedade de menús para grupos; tanto e versión cóctel, para tomar de pé mentres celebramos cos colegas de traballo; como tradicional, con primeiro, principal e postre.
Para darse unha homenaxe, Patouro
Situado no barrio de Bouzas, o selo distintitvo de Patouro é unha carta cambiante, que fluctúa coas estacións e co que o seu chef atope de atractivo no mercado o mesmo día. Un acerto seguro se queremos sorprender con produto de calidade e elaboracións coidadas e imaxinativas.
Para os que busquen barra libre, El mono vintage
Famosos polos seus luns e xoves a 1 €, nos que ofrecen cañas, montadito e minihamburguesas a este reducido prezo, son café, restaurante e coctelería nun único establecemento, pero o que máis destaca é a súa historiada decoración kitsch e o seu ambiente distendido e divertido. Ofrecen menús para grupos cunha oferta moi tradicional que atraerá aos que desfruten da barra libre de viño incluída.