Segni Mossi trae a Media Punta a súa última formación artística
O novo proxecto de investigación artística Segni Mossi, creado polos artistas italianos Alessandro Lumare e Simona Lobefaro, busca explorar a relación entre a danza e o debuxo. A formación PINK, dirixida a terapeutas, educadores, bailaríns, artistas e calquera interesado en disciplinas artísticas, terá lugar o 5 e 6 de outubro na escola de danza Media Punta, organizado por La Mona Chita.
Segni Mossi é unha experiencia creativa nada en 2014 e creada polo artista visual italiano Alessandro Lumare e a coreógrafa Simona Lobefaro ao redor da relación entre a danza e o debuxo con nenos e adultos. Na actualidade traballan promovendo a inclusión a través da arte nunha decena de escolas públicas de Roma, e os días 5 e 6 de outubro de 2019 traerán a Vigo, á escola de danza Media Punta, unha das súas novas formacións: PINK Training.
O proxecto busca explorar alternativas para integrar a arte na escola e diríxese a todo tipo de públicos co obxectivo de promover a liberdade de expresión, a creatividade e a curiosidade. Segni Mossi ofrece diferentes formacións que achegan propostas prácticas a educadores que desexen “investigar e crear arte, non só ensinalo”.
PINK Training explora a idea da lixeireza, o inesperado e a sorpresa, buscando explorar nos campos comúns que comparten a danza e o debuxo artístico. A través das súas formacións calquera persoa é capaz de experimentar como estas dúas linguaxes fúndense nunha contorna creativa que estimula a colaboración e a innovación. Para máis información e reservas, contactar con formacion@lamonachita.es ou a través do número 653 822 072.
Buenos Aires, Montevideo, San Paulo, Roma, Tokio, Taipei ou Moscova son só algún dos lugares nos que recalou este proxecto ao longo do último ano e agora chega a Vigo coa intención de contribuír á formación de artistas, bailaríns e educadores que desexen adquirir novas técnicas e ferramentas docentes para explorar as posibilidades da arte e a danza.