Rondallas, Cimas & Vaquero e Superthings para gozar da ponte de decembro en Vigo
Tanto se es de aquí como se viñeches visitar as luces aproveitando os días festivos, traemos dez plans imprescidibles para gozar da actividade cultural de Vigo: música tradicional, espectáculos de humor, musicais infantís, maxia e incluso deporte. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida, tamén temos unha axenda especial de Nadal.
LAREIRA MARKET – Luns 4 a domingo 10 de 11:00 a 21:00 h no Centro Comercial A Laxe – De balde
Vinte artesáns galegos participan neste mercado coa intención de plantar cara ao consumo de fast fashion creando un ambiente familiar e caseiro, promovendo que se coñezan proxectos locais de arte e artesanía. O espazo perfecto para comprar os regalos de Nadal que aínda estean pendentes.
XII CONCURSO DE CORDA CIDADE DE VIGO – Mércores 6 a sábado 9 no Auditorio Martín Códax – De balde
Máis de sesenta músicos menores de 23 anos, procedentes de España e Portugal, participan con violíns, violas, violonchelos e contrabaixos na décimo segunda edición dun concurso que xa é un punto de encontro obrigatorio no panorama ibérico. Todas as probas son de acceso libre e abertas ao público, incluído o concerto final do sábado cos gañadores de cada categoría.
II ENCONTRO DE RONDALLAS – Sábado 9 ás 16:15 h en Beade – De balde
A parroquia da cereixa acolle o primeiro certame de rondallas da tempada no que participarán as agrupacións da propia parroquia de Beade, a de Valadares e a de Freixo. O encontro comezará cun pasarrúas de cada formación desde diferentes puntos da parroquia, tendo como lugar de encontro o torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
MAGO PACO: HOCUS POCUS – Sábado 9 ás 17:30 h en Vialia – De balde
O centro comercial da estación de tren intensifica a programación familiar durante as datas de Nadal. Esta fin de semana o Mago Paco sorprederá cos seus trucos á cativada.
FESTA CULTURAL INMACULA – Sábado 9 a partir das 18:00 h no Café Uf – De balde
O local da rúa Pracer é un dos principais impulsores da cultura local e este sábado organizan un mercado de artesanía e autoedición que comeza pola tarde e que terá como colofón a noitiña un recital de poesía, seguido duns micros abertos.
CIMAS & VAQUERO – Sábado 9 ás 20:30 h no Auditorio Mar de Vigo – 22,00 €
Os grandes actores guionistas e humoristas Raúl Cimas e J.J. Vaquero, únense nun espectáculo de humor único e irrepetible, unha experiencia nunca antes vista e afortunadamente irrepetible, onde os dous mestres do humor enfróntanse nunha batalla épica.
VI ANIVERSARIO SALA DOPPLER – Sábado 9 ás 21:00 h na sala Doppler – 7,00 €
A sala con nome de efecto sonoro celebra o sexto aniversario cunha festa protagonizada por artistas locais. A música en directo corre a cargo de Babykatze, Nadie González e Lery&4Bi4. Tras os concertos, a festa continúa nunha sesión con Royce Rolo&Elecesar, LLXNTO.
NORMA 104 FESTA SWING – Sábado 9 ás 21:30 h na Fábrica de Chocolate – 12,00 €
Celebración do nacemento da raíña do swing, Norma Miller cun concerto a cargo de The Ballroom Music Project, unha banda liderada polo bailarín de swing e animal escénico Carlos Tomico (voz) que ven acompañado de Jana Herrera (piano), David Jácome (batería) e Eoin O’Sullivan (baixo).
CARREIRA VIGO + 11 – Domingo 10 ás 10:30 h na praza da Tellada – 10,00 €
Esta carreira popular que por vez primeira descorre polo barrio de Coia, pon o ramo ao circuíto municipal de carreiras Vigo Run Run; composto por once probas que se disputaron ao longo do ano nos diferentes barrios da cidade.
SUPERTHINGS – Domingo 10 ás 17 h no Auditorio Mar de Vigo – 17,00 €
Superthings Ao vivo, Sing & Party, co liderado de Guitarrific, trae a épica batalla entre Heroes e Viláns de Kaboom City aos escenarios, ofrecendo unha festa grandiosa chea de cancións, bailes e momentos inesquecibles para gozar en familia.