REVISTA FEBREIRO

Lareira Market

04dec(dec 4)13:0610(dec 10)13:06Lareira MarketFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:06 - 13:06 (10)(GMT+01:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

20 artesáns galegos participan en Lareira Market, un novo mercado vigués, que poderá visitarse no Centro Comercial A Laxe, entre o 4 e o 10 de decembro das 11:00 ás 21:00 h.

A premisa deste mercado, organizado por artesáns, é plantar cara ao consumo de fast fashion creando un ambiente familiar e caseiro, promovendo que se coñezan proxectos locais de arte e artesanía. En Lareira market atoparemos artesanía adaptada aos novos tempos con múltiples opcións desde figuras e abelorios creados con impresión 3D pintadas a man, ata ganchillo máis tradicional, pasando pola ilustración dixital e volvendo ao pasado coa confección de velas aromáticas. Pezas únicas para clientes únicos.

Ademais porán á venda rifas para entrar no sorteo dunha cesta con produtos de cada artesán. O recadado irá á Asociación Bicos de Papel e unha protectora de animais.

Máis

Hora

4 decembro, 2023 13:06 - 10 decembro, 2023 13:06(GMT+01:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events