UVIGO
FILLOAS

Revista de outubro: Hai movidas que só pasan en Vigo

O pasado mes de setembro o proxecto de A Movida fixo cinco anos e quixemos celebralo este mes de forma dobre: cunha revista especial e cunha festa o próximo venres 13 na Sede do RC Celta a partir das 19:00.

Para este número especial a reportaxe central e a sección Vigués do Mes mestúranse nunha soa, onde xuntamos nun coloquio aberto ao público no local de Emaús a catro artistas que xa pasaron por esta sección (María Xosé Queizán, Antonio Durán ‘Morris’, Pedro Feijoo, High Paw e Toño López). Este artigo é un resumo dos moitos temas que se trataron naquela conversa e que tiña como eixo central a cultura en Vigo.

Na sección A cociñar! aprendemos a facer un bo cocido da man de Tres Fuciños e as hamburguesas volven protagonizar o noso espazo Gastro, en concreto as smash burger de Gocho. O xornalista Javier H. Rodríguez realiza unha reportaxe sobre a asociación Xaruma e o seu labor dinamizador a nivel social no barrio de Teis. O editor Manuel Bragado recupera a interesante historia da editorial Cíes, moi popular no século pasado polos seus libros de bolsillo ou bolsilibros, na sección Historia dunha cidade.

Tensi Gesteira tráenos este mes tres recomendacións literarias ben variadas no seu Deleite literario e Juan Teixeira fai o propio coa obra de Alba Fabre no seu Graffiti. Axenda, eventos imperdibles e a sección para pequechos A Movidiña tamén teñen o seu oco nestas 40 páxinas. A academia Compass, o club de artes marciais europeas Falcata, o centro de estética Ojos by Tania, a axencia publicitaria As Peaky Branders ou a marca de roupa sostible Musa Rota son outros dos protagonistas desta nova revista de A Movida.

CAMELIAS NADAL

Podes consultar aquí o histórico de revistas de A Movida despois de cinco anos de traballo cultural vigués