O seu dono, o músico Tincho Fernán, define O Lar das Artes como un asador cultural. Ubicado en Matamá, é un churrasco con identidade propia que combina unha oferta gastronómica cos clásicos do xénero e unha aposta firme por actuacións artísticas e exposicións regulares. No restaurante poderedes gozar do mellor ABC ás brasas: cerdo, tenreira e polo, pero tamén de Ler máis...
Locais recomendados in Vigo

No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Google Map Not Loaded
Sorry, unable to load Google Maps API.
Categorías
-
Con máis de 650 centros repartidos polo mundo, case 550 no Estado, e dous en Vigo, a empresa catalá leva dúas décadas dedicándose ao ensino da lingua inglesa mediante un método singular que consiste en aproximar a aprendizaxe deste novo idioma ao da lingua materna, sen agrupar a materia como acontece na educación regulada. E isto como se fai? Pois Ler máis...
-
Sala de eventos e espectáculos multidisciplinar e cultural onde todos os xéneros musicais e estilos de espectáculos teñen cabida. Horario: Xoves, venres e sábado: 12.00–05.00 Próximos eventos: [add_eventon_el event_location=”1861 ” number_of_months=”12″ sep_month=”yes” ux_val=”4″ hide_mult_occur=”no” hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ hide_so=”yes”] Ler máis...
-
Aberta desde 1965, Librouro xa se converteu nunha das librarías de referencia no centro da cidade. Cun catálogo xeral e diverso, no que se presta especial atención ao libro en galego, podemos atopar a obra que necesitemos e ser recibidos cun trato profesional e amable. Entre a súa oferta podemos atopar literatura xeral, textos universitarios, libros de idiomas, obras infantís Ler máis...
-
A sala de teatro Ártika abriu as súas portas en 2014 co obxectivo de achegar aos amantes da arte unha nova visión do teatro e danza. Situados na avenida de Beiramar, incorporan á súa actividade principal cursos en constante actualización, cos cales nenos, mozos e adultos poidan achegarse ao mundo teatral e iniciar a súa formación. Ademais dunha sala cómoda Ler máis...
-
Rataloka Tattoo abriu no 2017 capitaneado por Andrea, tatuadora en activo desde o 2012. Nos comezos ela era a única fronte ao estudio de tatuaxes, mais na actualidade, ademais dela, o establecemento conta con tres artistas residentes, un que intercala Vigo e Frankfurt quincenalmente e algúns invitados do resto da Península. Os puntos fortes do seu deseño son a cor Ler máis...
-
Hai doce anos que Elena e Jorge empezaron a dar clases de swing baixo o nome Swing On. En setembro de 2024, cun alumnado asentado e en crecemento, apostaron por abrir a escola de danza Caixa de Ritmos na que, ademais dos cursos de Lindy hop e jazz para todos os niveis polos que xa son coñecidos, encontramos outros tipos de danzas: afro, contemporánea, dancehall, hip hop, house etc. Difícil atopar unha localización mellor: no céntrico Ler máis...
-
A venezolana Felicetta Gualtieri decidiu, tras traballar en grandes marcas como Volcom ou Zara, dedicar os seus esforzous ao upcycling, isto é, un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido a obxectos que xa existen, pero non utilizamos. Por exemplo: un peto creado con retazos de pantalóns vaqueiros de diferentes tonos de azul e, coa Ler máis...
-
Tras diversas experiencias relacionadas co mundo da arte, as irmás Inés e Eva Román abriron en 2018 MUTA, un espazo polivalente para eventos de todo tipo no centro de Vigo. MUTA destaca pola súa versatilidade, polo seu coidado estético e polo seu gran tamaño, con case 400 metros cadrados que inclúen cociña, despacho e salas de reunión e de proxeccións. Ler máis...