A venezolana Felicetta Gualtieri decidiu, tras traballar en grandes marcas como Volcom ou Zara, dedicar os seus esforzous ao upcycling, isto é, un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido a obxectos que xa existen, pero non utilizamos. Por exemplo: un peto creado con retazos de pantalóns vaqueiros de diferentes tonos de azul e, coa tea sobrante, elaborou un bolso e un pequeno coxín e tamén reutilizou os botóns, a cremalleira e incluso os fíos.
Chegou a Vigo en 2019 e na actualidade ten o seu taller no coworking Simia, onde realiza mensualmente o Mercado Reciclado. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que, como ela, practican a suprerreciclaxe textil.
Hoxe en día elabora todo tipo de prendas a partir de texido reciclado que vende a través da súa páxina web. Tamén recolle encargos personalizados de reciclaxe e transformación de prendas e imparte clases no seu taller.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Artistas grandes e pequenos brillan no festival Underfest - 18 Setembro, 2023
- O Castro estrea túneles, patio de armas e polvoreira - 14 Setembro, 2023
- O Concello de Vigo retira o apoio económico ao Underfest - 13 Setembro, 2023
- Primavera do Cine, un festival sobre a bucina - 12 Setembro, 2023
- Fran P. Lorenzo: “Estou en completo desacordo coa política-espectáculo de Vigo” - 7 Setembro, 2023