O seu dono, o músico Tincho Fernán, define O Lar das Artes como un asador cultural. Ubicado en Matamá, é un churrasco con identidade propia que combina unha oferta gastronómica cos clásicos do xénero e unha aposta firme por actuacións artísticas e exposicións regulares.
No restaurante poderedes gozar do mellor ABC ás brasas: cerdo, tenreira e polo, pero tamén de tapas e guarnicións como queixo provolone, quiche de verduriñas e xamón, ensaladas, patacas ou mini pizzetas veganas. Todo isto regado cunha gama moi interesante de viños e a cervexa artesá bilbaína de grifo La Salve.
A súa terraza chill out énchese coas mellores propostas culturais para completar o menú: Raka, DJ Limón, Diana Tarín ou Many Moure son algúns dos artistas que pasaron por O Lar das Artes.
Para desfrutar dun bo plan aquí dispoñedes de zona de aparcamento e boa conexión co bus urbano.
Horario:
Venres: 20 a 00hs
Sábados: 12 a 16 20 a 00 hs
Domingos: 12 a 16 hs
Sábados: 12 a 16 20 a 00 hs
Domingos: 12 a 16 hs