Hai doce anos que Elena e Jorge empezaron a dar clases de swing baixo o nome Swing On. En setembro de 2024, cun alumnado asentado e en crecemento, apostaron por abrir a escola de danza Caixa de Ritmos na que, ademais dos cursos de Lindy hop e jazz para todos os niveis polos que xa son coñecidos, encontramos outros tipos de danzas: afro, contemporánea, dancehall, hip hop, house etc. Difícil atopar unha localización mellor: no céntrico (pero tranquilo) Calexón dos Canos, a escasos metros do Teatro García Barbón.
Os sinais de identidade do espazo son o interese e o respecto pola historia dos bailes que ensaian, moitos deles de orixe afroamericana. Ademais da práctica física, as docentes fan fincapé no coñecemento e na apreciación da cultura e os movementos sociais nos que se orixinou cada baile. Do mesmo xeito que veñen facendo con Swing On, Elena e Jorge teñen en mente a organización de eventos de baile, música e cultura , tanto no propio local como na rúa.
Canellón dos Canos, 9 | caixaderitmos.com | @caixaderitmos_vigo