Tras diversas experiencias relacionadas co mundo da arte, as irmás Inés e Eva Román abriron en 2018 MUTA, un espazo polivalente para eventos de todo tipo no centro de Vigo. MUTA destaca pola súa versatilidade, polo seu coidado estético e polo seu gran tamaño, con case 400 metros cadrados que inclúen cociña, despacho e salas de reunión e de proxeccións. Ler máis...
Todas Arte e museos in Vigo

No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Google Map Not Loaded
Sorry, unable to load Google Maps API.
-
O seu dono, o músico Tincho Fernán, define O Lar das Artes como un asador cultural. Ubicado en Matamá, é un churrasco con identidade propia que combina unha oferta gastronómica cos clásicos do xénero e unha aposta firme por actuacións artísticas e exposicións regulares. No restaurante poderedes gozar do mellor ABC ás brasas: cerdo, tenreira e polo, pero tamén de Ler máis...
-
Galería Maraca é un punto de encontro creativo co espíritu de dar cabida ás tendencias artísticas que teñen pouca recepción nas galerías convencionais. Unha proposta onde poderás atopar as novas tendencias da cultura pop contemporánea convivindo ilustración, deseño e arte nun espacio curado desde Chachchá Studio con cariño, pasión e moitas cousas de molar. Ler máis...
-
A cooperativa A Morada é un espazo de encontro con alma de patio de veciñas onde os coidados, o feminismo e a inclusión están no centro deste proxecto social comunitario. Posto en marcha pola coidadora Majo, a traballadora social Ana e a artista e docente Fedra, mantense fiel a súa idea inicial de crear unha rede de mulleres na que Ler máis...
-
Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos… La Contenedora é un espazo polivalente rexentado por Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, creadores en 2019 do proxecto Alga Clases y Talleres. Este contedor creativo alberga propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que se busca darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe Aos Ler máis...