Antía Sánchez é unha artista interdisciplinar con ampla experiencia no mundo da creación e da docencia, e domina con soltura técnicas como a cerámica, a colaxe, o debuxo ou a pintura. Desde o 2005 dá cursos en diferentes centros (universidade, fundacións, centros culturais…) e en 2008 abre Zoográfico, o seu primeiro espazo docente independente. Ali, e agora e Alaselva, imparte diferentes técnicas: lapis, carboncillo, sanguina, pastel, acrílico, acuarela, óleo e técnicas mixtas. A posibilidade do desenvolvemento de proxectos persoais é de especial interese para a docente, polo que nos últimos anos decidiu formarse en cursos de xestión de proxectos, xestión de tempo para creativos e de produtividade.
Alaselva bota a andar este mes de setembro como unha casa taller onde apostar polo crecemento dunha comunidade creativa, dando resposta ás necesidades individuais e tratando con mimo e empatía a ese artista interior, nun espazo único e transformador. Con ou sen experiencia, a creatividade de cada alumno crecerá de maneira respectuosa nun ambiente acolledor, acompañado de maneira próxima pola súa mentora: “Teño alumnos que xa veñen de Zoográfico cos que levo 10 anos”, comenta a docente.
Os grupos son de oito persoas como moito: “Considero que hai que coidar os tempos de cada alumno e eu adáptome a eles. Quero unhas clases máis íntimas”, apostila. A partir deste mes podemos anotarnos aos diferentes cursos: Acuarela, Arte botánica, Cadernismo, Debuxo e pintura para principiantes, Debuxo hiperrealista, e Viño e pinta. Esta última é a sesión máis particular, pintando por pura diversión cunha copa de viño na man, nun ambiente totalmente distendido: “Pareceume unha boa idea para esa xente que non ten tempo para acudir a clases de dibuxo pero si teñen a necesidade de conectar co seu artista interior”, engade Sánchez. Outro aspecto diferencial desta casa-taller son as sesións de coaching creativo, moi útiles para sacar adiante proxectos creativos ou marcas persoais
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Cafetería Turmalina - 17 Decembro, 2024
- Pepe Fernández - 17 Decembro, 2024
- Lotería Sagitario - 17 Decembro, 2024
- La Factoría - 17 Decembro, 2024
- El Atelier de Diego Caride - 17 Decembro, 2024