A Apalpadora e chocolatada
20dec18:00A Apalpadora e chocolatadaPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Para comezar a fin de semana, unha pequena festa de Nadal para a cativada. Este venres, 20 de decembro, ás 18 horas e con entrada de balde,
Detalles do eventos
Para comezar a fin de semana, unha pequena festa de Nadal para a cativada. Este venres, 20 de decembro, ás 18 horas e con entrada de balde, a sala Rebullón vai ofrecer unha das xornadas máis agardadas polas familias, con chocolatada e un espectáculo infantil, de Iseo A Moura, que traerá un clásico destas festas en Galicia: A Apalpadora.
Unha muller xigante baixa da montaña do Courel no solsticio de inverno, guiada pola infinita tenrura, que é cualidade principal de todos os seres máxicos, na procura das nenas e nenos da Galiza. Ela ten a lembranza da fame e dos tempos duros de frío e escuridade e é por iso que garda e vela os soños dos máis cativos. Mais tamén é ela lembraza de lareiras prendidas e contos na noite, da compañía vizosa que quita as penas todas, da axuda mutua das veciñas, do coidado da comunidade, tamén ela é lembranza da luz que xa non fai máis que medrar dende que se chega á noite máis noite de todas as noites.
Sobre ISEO A MOURA
Iseo Agilda chegou ao mundo da narración oral coma quen chega á nacional logo de levar horas de traxecto por pistas sen rozar. Filósofa de formación, educadora ambiental por misión vital, cantante de vocación, atopou na figura da Moura un lugar máxico e estrañamente familiar dende onde comunicar o que máis lle importa. Na mitoloxía galega atopou as verdades que a filosofía non soubo nomear sen incurrir en contradicións, as leccións que o ecoloxismo non foi quen de comunicar e a fondura que a relixión traizoou a cambio do poder mundano. Dende as historias de personaxes como a Moura ou a Apalpadora fai chegar relatos doutros tempos que enchen os ocos deste no que vivimos. Esta é a maxia da Moura, tecer coas palabras contadas e cantadas a malla que a todas nos une.
Máis
Hora
20 decembro, 2024 18:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Séguenos nas redes