CAMELIAS MASCOTAS

Queol: ‘A música non hai quen a pare, é imposible confinala’

Ana Argüelles e Ashling Ocampo levan facendo música desde ben pequenas. Ambas son instrumentistas e cantantes e sempre soñaron con levar as súas composicións aos escenarios. O que non imaxinaban é que o confinamento lles daría a oportunidade de ser coñecidas en internet antes que nos palcos co seu proxecto QUEOL, un dúo acústico cuxo nome provén da palabra irlandesa para dicir música: ceòl , segundo elas, ‘a arte que fai bailar ao mundo’. Falamos con estas dúas mozas sobre o seu proxecto, a música en internet e a capacidade de adaptación.

Sodes un dúo de moi recente creación, como nace Queol e con que obxectivo?

Hai un ano tivemos a oportunidade de participar nun festival organizado pola escola Más que guitarra de Vigo, da que fomos alumnas. A experiencia serviunos para decatarnos de que estar enribia dun escenario, facendo o que realmente nos gusta, facíanos sentir cousas que non experimentáramos xamais. Seguimos tocando xuntas por pracer e hai uns meses invitáronnos a tocar nun evento no MARCO. Nese momento nace Queol, e dándolle forma estabamos cando se decretou o Estado de Alarma. 

Que estilo de música facedes?

Actualmente, dedicámonos a facer covers acústicas de cancións pop, indie e rock. Á hora de versionar un tema sempre tentamos facela nosa, adaptando as instrumentáis á guitarra ou piano e creando voces para encher máis a canción sen sobresaír unha por enriba da outra.

Estabades a punto de comezar a ensinar o voso traballo sobre os escenarios cando chegou o estado de alarma. Como vos afectou?

Debido a imposibilidade de tocar en salas, puxemos en marcha a conta de Instagram, na que subimos versións semanais, cada unha desde a súa casa. Decidimos seguir xerando repertorio e non parar o proxecto, a pesar das circunstancias. Para achegarnos ao público elaboramos un xogo que demos en chamar #queoldivinanzas, no que os seguidores tentan adiviñar o título da canción en base a tres pistas que lles damos. O primeiro ou a primera que acerte ten a posibilidad de escoller o tema da seguinte semana. De este feito, descubrimos novos estilos, enfrentámonos a retos e interactuamos cos nosos seguidores

Despois da boa experiencia, seguiredes dando concertos en internet? Credes que o dixital poden ser un bo substituto dos concertos este verán?

É evidente que xa o está sendo. Os festivaies desde casa están á orde do día, moitísimos artistas se están unindo a estas iniciativas. A música non hai que a pare, é imposible confinala. Pero, a pesar de que as redes son una axuda actualmente para levar a música a todos os fogares, non deixa de ser unha alternativa, pois a experiencia de dar ou asistir físicamente a un concerto é irremplazable. Estamos desexando poder tocar en salas. 

Como foi a resposta do público?

REVISTA NOVEMBRO

Como dixemos antes, a resposta dos público superou as notas expectativas. As covers tiveron moitas visitas dentro dos números nos que nos movemos tendo en conta, que estamos empezando, sobre todo a versión da canción de reggaeton Con calma, ¡como no! Ademáis, a xente participou moi activamente nas #queoldivinanzas, xerando incluso certa competitividade ou pequenos piques entre os seguidores.

Que plans tedes a medio prazo?

De momento, debido as circunstancias, a nosa intención é continuar a andadura en redes, adaptándonos as circunstancias, e saír á rúa en canto sexa posible. Ademais ambas compoñemos, polo que non descartamos engadir temas propios ao repertorio.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.