CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Que facer este Samaín en Vigo

Achéganse as datas máis terroríficas do ano e a cidade énchese de multitude de actividades relacionadas cos disfraces, as cabazas e a música. Este Samaín teremos tantas cousas que facer entre o venres 26 de setembro e o sábado 3 de novembro que recomendámosche que saques a axenda e tomes nota.

Os disfraces son un dos maiores atractivos do Samaín

A semana pasada comezaron as visitas teatralizadas polo Cemiterio de Pereiró, que aínda que medo non dan, camiñar ao anoitecer por un cemiterio sempre ten o seu aquel. Por desgraza, xa non quedan prazas para o resto de visitas.

Xa nesta fin de semana atopamos numerosas actividades, a maioría orientadas aos máis pequenos. O Centro Comercial Gran Vía organiza actividides de venres a domingo, o mesmo que o Mercado do Progreso co seus obradoiros de cociña terrorífica. Na Biblioteca Juan Compañel haberá contacontos de medo, na Casa del Libro farán un taller de maquillaxe e caracterización para Halloween e algúns barrios como Navia, Beade ou Coruxo (no colexio Tintureiro) tamén teñen organizadas actividades, entre elas a de tallar cabazas ou unha disco infantil. Por último, o sábado e o domingo haberá no Mercantil unha festa de Halloween Familiar, á que poden acceder os non socios a través dunhas invitacións na súa web.

Se che tira máis o terror cutre de serie B esta finde tes un evento que non te podes perder, o Galician Freaky Film Festival. Nel poderás visualizar numerosas curtametraxes do máis friki e variopinto, moitas delas do xénero fantástico e de terror.

Aínda tes ganas de máis? Porque o día 31 de outubro, o propio día do Samaín, haberá actividades tanto de tarde como ata altas horas da noite, aproveitando o festivo do día seguinte. Máis barrios vigueses únense a celebración, como é o caso do Berbés, San Miguel de Oia, Calvario, Porta do Sol e San Paio de Navia. Pola tarde poderemos pasarnos por Detrás do Marco, polo CC Travesía de Vigo ou polo Mercado do Progreso, onde teñen montanda unha discoteca infantil xunto con outros xogos.

Para os máis atrevidos en Beade poderemos pasar moito medo en Casa Morga, unha casa do terror que nos porá os pelos de punta. Se o teu é a música, de noite vas ter, como é habitual, moito onde elixir: Broke no Patio de Bouzas, Daniel Calá e Nunes da Bahía en El Rincón de los Artistas, na Fábrica de Chocolate organizan concurso de disfraces, na Iguana actuará o trío cadavérico Los Pontiaks e na nova Sala Kominsky están a preparar unha boa festa coa Churruca Vampires Band. E falando de música, na Sala Ártika teñen programado Drácula, O Musical pola noite. Por último, tanto o día 1 como o 3 de novembro haberá movemento nos barrios de Bouzas, Cabral, e Coruxo.

CAMELIAS NADAL

Ao longo de todo o mes de novembo haberá distintos contacontos en varios puntos da cidade. Esta actividade, organizada pola Concellería de Normalización Lingüística, contén relatos que falarán sobre o terror, o Samaín e o Magosto.

Un dos eventos que máis prometía nesta data era o musical Monster Rock no Teatro García Barbón. A empresa que organizaba o evento comunicou este luns que as funcións de Vigo, Pontevedra e Santiago foron suspendidas por “razóns organizativas e de loxística”. Tamén informaron que intentarán reprogramar as datas e que, aqueles que xa compraron as súas entradas, poderán solicitar a devolución dos cartos no punto de venda onde as adquiriron. Outro evento con moi boa pinta que se tivo que cancelar por mor do tempo foi a Pasaxe do Terror, na Fundación Sales.

Aínda así, oferta para pasalo de medo non falta, queres tomar nota? A continuación deixámosche todos os eventos deste Samaín para que aproveites ao máximo esta semana:

(GMT+01:00) Teatro Afundación


(GMT+01:00) Plaza do Berbés


(GMT+01:00) Detrás do MARCO


(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo


(GMT+01:00) Porta do Sol


(GMT+01:00) Porta do Sol


(GMT+01:00) Sala Kominsky


(GMT+01:00) Praza da Princesa


(GMT+01:00) Casa das Mulleres


(GMT+01:00)


(GMT+01:00) El patio de Bouzas


(GMT+01:00) Camiño do Laranxo


(GMT+01:00) Sala Ártika


(GMT+01:00) La Iguana Club


(GMT+01:00) Fundación Sales


(GMT+01:00) Fundación Sales


(GMT+01:00) Progreso 41


(GMT+01:00) Mercado do Progreso


(GMT+01:00) AV San Miguel de Oia


(GMT+01:00) Alameda de Bouzas


(GMT+01:00) AVCD de Cabral


(GMT+01:00) CRAC de Coruxo

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.