Presumido: “Sempre intentamos converter os obstáculos en oportunidades”
Presumido non é un grupo usual: é o proxecto de dous rapaces (Nacho Dafonte e Tarci Ávila) novos pero experimentados co que pretenden converterse no seu propio grupo favorito. Tras centos de concertos e miles de kilómetros de estrada ás costas, Presumido é un rara avis no panorama musical actual, xa que o seu son, mestura de múltiples influenzas, é algo único. Demostrárono no seu exitoso anterior traballo, ‘Vendetta’, e agora no seu novo single, ‘Esa no era yo’. Aproveitando a situación, fixémoslles unhas preguntas sobre o seu pasado, presente e futuro como banda.
Coa salida deste novo single, podemos dicir que xa falta poco para escoitar o novo traballo de Presumido?
O tema dos prazos sempre depende da discográfica. As demos do segundo disco xa están preparadas e listas para entrar no estudio, grabar e saír ao mercado. Esperamos que sexa en poucos meses.
Dicides que foi o público quen escolleu esta canción como single nos concertos. Darlles este poder de decisión é unha forma de agradecerlles o apoio?
Si, foi algo totalmente natural. Entraba á primeira nos concertos, e sempre viñan unhas cantas persoas ao rematar a falarnos dese tema, desexando poder escoitalo na casa.
Neste novo tema continuades un pouco na liña de letras escuras, música envolvente e estribillos moi pegadizos. Buscades perfeccionar o voso estilo ou buscades novas vías?
Ambas cousas. ‘Vendetta’ abriu un camiño no que nos sentimos moi a gusto. Pero coa perspectiva deste ano e pico que ten de vida, imos dándonos conta de que hai certos elementos que queremos conservar (e lóxicamente perfeccionar) e ao mesmo tempo, outros que non nos apetecen tanto cederán paso a novas inquedanzas.
Curioso é tamén o videoclip, adaptado aos novos tempos, recomendado para ver en vertical no móbil ou na tablet. Iso si, con auriculares.
Sempre intentamos converter os obstáculos en oportunidades. E gastamos todo o presuposto que había para este single na grabación, producción e mastering. Polo que se queriamos un vídeo tiñamos que facer algo a custe cero e feito por nós. Penso que non quedou mal a idea que se nos ocorreu.
“Presumido vémolo como un traballo de “fin de carreira” no que aplicamos todo o aprendido no pasado”
Ambos tedes un pasado en bandas de hardcore ou rock, xéneros moi diferentes ao que facedes agora. A que se debeu este cambio?
Temos unha amplitude de gustos musicais da que nos sentimos bastante orgullosos. En cada momento fixemos o que nos pediu o corpo. Presumido vémolo como un traballo de “fin de carreira” no que aplicamos todo o aprendido no pasado. E penso que é doado ver en moitos elementos, a nosa identidade rock, aínda que esté nun contexto electrónico.
Comentábades unha vez nas vosas redes que tocar para miles de persoas na World Pride de Madrid foi un “divertimento” mentres que tocar para 9 nunha sala de Zaragoza é un exame de fin de curso. Como levades estos contrastes?
Con naturalidade. Levamos centos de concertos ao lombo, con diferentes bandas, e cousas así forman parte da vida cotiá da maioría de proxectos musicais emerxentes. Co tempo aprendes a vivir os baños de multitudes coma unha experiencia fantástica e os “gomazos” en salas como algo que é normal que pase algunha vez.
Sodes un grupo que lle dá moita importancia á imaxe, tanto nos vosos traballos como nos directos. Dádeslle tanta relevancia como á música?
Vemos Presumido coma un proxecto global e coherente, polo que non pensamos desde a perspectiva de se este ou aquel elemento é máis ou menos importante. Simplemente buscamos que todo teña unha coherencia sincera e sólida.
“conseguimos facer un set con luces domésticas que funcionan coa precisión dun equipo profesional”
Por se alguen non o sabe, o espectáculo de luces dos vosos directos está deseñado e creado por vós mesmos. Sodes innovadores incluso niso.
Unha vez máis, esta parte técnica do proxecto responde á solución dun problema: queríamos ter un espectáculo de luces e non había cartos para comprar iluminación profesional. Polo que adicamos unha boa tempada a investigar e probar ata que conseguimos facer un set con luces domésticas que funcionan coa precisión dun equipo profesional.
Lin que diciades que Presumido nacía coa intención de converterse no voso grupo favorito, nalgo que aínda non existise. O conseguíchedes?
Conseguímolo desde o primeiro momento. Desde que por primeira vez non tiñamos que facer as cousas ao servizo doutros proxectos. No instante no que estás facendo ao 100% o que che apetece, xa estás conseguindo ese obxectivo. Ademais, a partires dese intre, todo o que fixemos non fixo máis que mellorar as nosas expectativas e inquedanzas musicais.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024