Portamérica anuncia un cartel case idéntico para 2021
O décimo aniversario do Festival Portamérica vai ter que agardar ao 2021 para poder celebrarse, pero para esta edición tan especial os organizadores quixeron manter case idéntico o cartel que tiñan programado para este verán e prometen algunha sorpresa aínda por anunciar.
A décima edición do festival Portamérica terá lugar en Caldas de Reis do 1 ao 3 de xullo de 2021, un ano máis tarde do previsto debido a crise xenerada polo COVID-19. A falta de máis dun ano para o evento, os organizadores xa fixeron público o cartel que vai ser case un calco do que tiñan preparado para este verán.
Leiva, Coque Malla, Novedades Carminha, Sidonie, Beret, Viva Suecia e moitos outros máis artistas volverán encher de música a Carballeira de Caldas de Reis. Manteñen tamén o evento gastronómico Showrocking Guía Repsol , para o que xa hai confirmados 34 Soles Guía Repsol, unha proposta para potenciar os produtos locais da man dos mellore cociñeiros galegos.
Aquelas persoas que teñan entradas para a edición de Portamérica 2020 as poderán empregar para o evento de 2021 e os que as queiran adquirir xa o poden facer nesta ligazón.