Plans de día e de noite a bordo de Naviera Mar de Ons
Sabes que é posible visitar as Illas Cíes tamén en inverno? Naviera Mar de Ons ofrece un servizo durante todas as fins de semana do ano que aumenta na tempada de verán e durante a época do Nadal, con visitas guiadas tanto en castelán como en inglés. Se prefires surcar a ría de noite, a mesma Naviera darache a benvida a bordo do Barco de Nadal de Vigo, decorado con máis de 52.000 luces microled.
A crecente fama das Illas Cíes, impulsada polos eloxios en publicacións de prestixio como The Times, The Guardian ou The New York Times puxo a Vigo e o seu arquipélago na lista de desexos viaxeiros de moitas persoas. O parque nacional, famoso polas súas paisaxes, praias e case inmaculada natureza, recibe milleiros de visitantes ao día na tempada de verán, pero non moitos se adentran no océano para coñecer as súas maravillas tamén en inverno.
A Naviera Mar de Ons aposta pola desestacionalización deste destino e organiza excursións guiadas ás Illas Cíes todos os sábados do ano. A posibilidade de realizar diferentes percorridos acompañados de guías acreditados permite ao turista coñecer outros aspectos de Cíes máis aló das súas praias, e poñer o foco na riqueza natural e cultural deste espazo natural.
Durante o período do Nadal aumentan a frecuencia e os días nos que realizan estas viaxes. Así, as persoas que visitan a cidade para facer compras ou pasear entre as luces e as atraccións, poden sumar unha experiencia única durante o día: descubrir o Parque Nacional das Illas Atlánticas. As excursións guiadas, tanto en castelán como en inglés para estranxeiros, serán a diario desde este sábado 17 de decembro e ata o domingo 8 de xaneiro (a excepción do 25 de decembro e 1 de xaneiro) con saídas desde os portos de Cangas e Vigo. Ademais, os días 24 e 31 de decembro haberá un servizo especial en horario de mañá no que Naviera Mar de Ons celebrará o Nadal e a entrada do aninovo a bordo cunha sidra (sen alcol) e pastas do Nadal.
Horarios Illas Cíes do 17 de decembro ao 8 de xaneiro:
Saída desde Cangas: ás 10:30 e 15:00 horas
Saída desde Vigo: ás 11:00 e 15:30 horas
Saída desde Illas Cíes cara aos portos de Cangas e Vigo será ás 13:40 e 17:40 horas
Tarifas ADULTOS (a partir de 12 anos): 21€
Tarifa INFANTIL (entre 5 e 12 anos): 10€
Menores de 5 anos: billete gratuíto
Barco do Nadal
Naviera Mar de Ons puxo en marcha por primeira vez no Nadal de 2021 o Barco do Nadal de Vigo, alumeando decorando un catamarán con capacidade para 500 persoas para lucir a decoración do Nadal máis espectacular que houbo sobre o mar, con máis de 52.000 luces microled. Un despregamento de luces ao máis puro estilo do Nadal vigués para acoller a bordo aos personaxes máis importantes destas festas do Nadal: Papá Noel, o Paxe Real e O Grinch, que será o persoaxe que pecha estas exclusivas rutas nocturnas os días 7 e 8 de xaneiro.
O paseo inclúe un delicioso viño quente de benvida, pastas de Nadal, música propia da época da man dun DJ e
servizo de bar a bordo durante toda a travesía. No 2021 máis de 2.000 persoas subíronse a bordo do Barco do Nadal de Vigo e este ano a navieira ten claro que superará esa cifra xa que, entre o sábado 3 de decembro e domingo 11, foron máis de mil persoas as que xa se embarcaron nesta travesía de luz.
O servizo desenvolverase a diario ata o 8 de xaneiro con saídas desde o porto de Vigo ás 20h para que vigueses e turistas poidan gozar dun xeito diferente dos atractivos máis fermosos que temos, a ría de Vigo e a súa costa.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024