VIALIA
CAMELIAS NADAL

Piacere, mirando o mar

Un dos mellores restaurantes italianos da cidade está no emblemático Pazo dos Escudos de Alcabre. En Piacere podemos degustar pasta fresca e pizza caseira, así como entrantes tradicionais e pratos propios mentres desfrutamos da elegante arquitectura de principios do século XIX e das vistas ao mar.

Situado no emblemático Pazo Los Escudos, este restaurante ten unha carta baseada en receitas da cociña tradicional italiana con toques da cociña moderna que fan de cada prato unha experiencia nova e orixinal. Os salóns luminosos e a terraza con vistas ao mar proporcionan un ambiente acolledor e elegante, moi propicio para fuxir do barullo do centro e celebrar xantares e ceas en parella ou en grupos pequenos. Aínda que non conta cun menú específico para estas datas, Piacere ofrece unha ampla variedade de opcións para satisfacer todos os gustos e dispoñen dun bonito salón con vistas ao xardín presidido por unha mesa na que ben se poden sentar unha vintena de persoas.

CAMELIAS NADAL

A pasta fresca, elaborada no propio restaurante, que se prepara nunha ducia de formatos, é unha das especialidades da casa: lasaña de cogomelos silvestres, tagliatelle á boloñesa ou tortellini de peixe sapo son algunhas destas opcións. Chaman moito a atención os tagliatelle alla ruota, un prato que se prepara no momento diante do comensal, introducindo a pasta quente con nata nun queixo grana padano e facéndoa xirar para que se impregne deste. Os amantes da pizza atopan en Piacere unha masa caseira de calidade, elaborada segundo a tradición napolitana, e unha variedade de ingredientes que van desde a clásica margherita ata combinacións máis orixinais como a denominada «Los Escudos», con pistacho, cabaciña e tomate seco.

A carta tamén inclúe unha selección de entrantes e pratos principais como o carpaccio de polbo con xeado de limón ou un suculento risoto de cogomelos con escalope de foie. O osobuco con risoto de azafrán e o salmón en papillot son algúns dos pratos máis festivos da oferta. As sobremesas, como o tiramisú ou a panacota de limoncello, poñen o broche de ouro a unha comida de cinco estrelas.

Avenida da Atlántida, 106 | 986 82 08 20 | pazolosescudos.com/nuestras-cartas | @piacerebylosescudos | xoves a domingo, xantares e ceas

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.