Pereira leva o marisco á mesa
Todos os que durante o Nadal pasan polas tendas de Pereira pregúntase o mesmo: «Por que sempre hai tanta xente/tantos coches aparcados?». A resposta é sinxela: gran producto. Tras falar con moitos dos seus clientes, en Pereira elaboraron unha listaxe doutros motivos polas que comprar nas súas tendas. Entre estes motivos atopamos algúns como os seguintes:
1. De confianza, por calidade.
2. Do barco á túa casa.
3. Produtos saudables de alta calidade.
4. Asesoramento personalizado.
5. Pola súa situación céntrica.
6. Gran variedade de produtos.
7. Fábricas de elaboración propia.
8. Amplo horario, adaptámonos a ti.
9. Prezos competitivos.
10. Esmerada presentación de produto.
Son motivos máis que suficientes para investir en marisco galego, non? Confiar en Pereira é apostar polo seguro. Esta empresa leva flotando desde hai máis de 65 anos, facendo posible que o peixe e o marisco conxelado cheguen a túa casa nunhas condicións de calidade e sabor ótimas.
Para que nestas festas non falte na túa mesa bo marisco galego, Pereira proponche que regales as súas caixas de dous quilos de gambón (lagostino arxentino) pescado en alta mar e conxelado a bordo. Esta caixa ten un prezo de 8,50 €/quilo e fará as delicias dos padais máis esixentes. Non fallarás se apareces na casa dos teus sogros cunha caixa de Pereira… e que eles se encarguen do Albariño!
Se queres subir a túa aposta, Pereira conta cunha gran variedade de mariscos conxelados para todos os gustos. Tamén atoparás na súa tenda estoxos de vieira con cuncha a 4,50 € o quilo, un produto de alta calidade que posúe un sabor suave e exquisito.
Que non falte o boi de mar (10,95 €/quilo) xa cocido coa súa sorprende textura e intenso sabor. Ademais, como xa está cociñado, só require uns minutos para desconxelar e listo para comer!
Se es máis de peixe, proba a pescada austral en toros a 7,95 € o quilo, un alimento básico e delicioso que se converteu nun ingrediente imprescindible de moitas receitas. En Galicia tradicionalmente cocíñase «á galega», receita na que o allo potencia a súa textura e sabor. Este peixe branco cun baixo nivel de graxa sempre é unha opción perfecta para incluír en calquera tipo de dieta.
A carta de ofertas de Pereira é moito máis ampla, así que non dubides en consultala ou en pasar pola súa tenda, nós, para rematar, ofrecémosche unha última opción: a lura a bordo, por só 6,99 € o quilo, ideal para comer á prancha ou para atreverse cun arroz. Un dato! Se non queres facer cola, Pereira lévache o teu pedido a casa (reparto dispoñible en Vigo e 20 km á redonda).
E, para rematar, se precisas ideas para cociñar estos produtos Pereira fai o traballo por ti no seu amplo receitario en liña que poderás consultar en recetaspereira.es Neste Nadal ninguén quedará sen lamber o bico!
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Triqueta Editora, pequenos grandes lectores - 7 Novembro, 2024
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024
- Noc Noc Estudio, a moda chama á porta - 21 Xuño, 2024
- Malahostia, moda con moito xenio - 27 Maio, 2024